15.11.12

Porto do Son: este domingo, 18 de novembro, estrea da curta "Nebra", sobre os mártires de Cans

Ribeira: o 2 de decembro, sétima xuntanza dos maiores na Fieiteira

  • As entradas poranse á venta no Consistorio o vindeiro luns
  • Haberá autobuses de ida e volta entre a cidade e o polideportivo municipal

Ribeira, 15 de novembro de 2012.- Xa hai data e lugar decididos para a celebración da sétima edición da Xuntanza dos Maiores: será o domingo día 2 de decembro e desenvolverase no pavillón polideportivo da Fieiteira.

Así o deu a coñecer este mediodía o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello, Vicente Mariño de Bricio, no transcurso dun acto de presentación do evento no que estivo acompañado dos presidentes das asociacións de xubilados e pensionistas de Ribeira (Manuela Romero), Aguiño (Manuel Pérez), Palmeira (Andrés Rego) e Corrubedo (Manuela Domínguez; tamén estivo a secretaria da entidade Josefa Martínez).

O edil do Concello explicou que un dos argumentos que se tiveron en conta á hora de decidir o emprazamento da Xuntanza foi que co uso desta instalación municipal afórranse en custes de organización, principalmente derivados do alugamento de carpas. Para facilitar a asistencia, fretaranse autobuses tanto para a ida como o regreso á cidade.

Os actos conmemorativos da xuntanza darán comezo ás 12.30 horas cunha Misa Solemne na Igrexa de Santa Uxía, con participación da Coral Polifónica Municipal. Ás 14 horas partirán autobuses dende a estación da cidade con destino ao polideportivo. Ás 16.30 horas terán lugar sorteos entre os asistentes. E a partir das 17 horas arrancará o tradicional baile. En torno ás 19.30 horas aproximadamente haberá autobuses para regresar de volta á cidade.

Os maiores poderán retirar as entradas na planta baixa da Casa Consistorial a partir do vindeiro luns día 19. O prezo son 16 euros. Como requisito para poder mercalas cómpre ser maior de 60 anos (ou de 55 no caso dos traballadores do mar) e estar censado en Riveira, podendo comprar un máximo de dúas entradas por persoa.

Mariño indicou que o aforo do recinto son 1.400 persoas. No suposto de que o venres día 30 houbese prazas dispoñibles, abrirase a posibilidade de que ese día maiores doutros concellos poidan participar na Xuntanza.

230 en estimulación cognitiva

No mesmo acto, o edil Vicente Mariño informou de que un total de 230 maiores inscribíronse para participar nos obradoiros de estimulación cognitiva (comunmente chamados talleres de memoria) que, a partires da vindeira semana e ata o próximo mes de maio, desenvolveranse en distintas parroquias do territorio: Palmeira, Riveira, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras e Artes.

O responsable municipal dos Servizos Sociais recordou que esta é  unha das actividades máis demandadas polo colectivo de maiores do municipio. Con esta actividade, a súa Concellería persegue crear un clima de maior mobilidade e acción, aumentar a autoestima e facer dos participantes parte activa da sociedade.

Os talleres constarán de 28 sesións por parroquia, cada unha das cales terá noventa minutos de duración.

Unha monitora licenciada en Psicoloxía responsabilizarase do desenvolvemento dos cursos. Cada un terá entre quince e vinte participantes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.11.12

Ribeira: os Indignados do Barbanza, premio Altofalante deste ano 2012

Acta altofalante do Ano 2012.docx Download this file

  • Hoxe é o "Día da Dignidade de Galicia", polo aniversario da catástrofe do Prestige
  • O premio será entregado no Ateneo Valle Inclán o sábado 24 de novembro ás 18:30

Na imaxe, o ano en que resultou premiada a Cofradía da Dorna

Ribeira, 13 de novembro de 2012. Segundo se indica na acta adxunta, o Premio Altofalante do ano 2012 este ano é para os Indignados de Barbanza. 

Segundo explica a entidade convocante deste galardón, a asociación cultural Altofalante de Ribeira, "queremos recoñecer e apoiar o seu labor e contribuír a que este continúe. O premio consiste no recoñecemento público, na difusión do traballo da  entidade galardoada e nun altofalante de man que se lle entregará aos galardoados nun acto público da asociación para que poidan seguir alzando a súa voz".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades da Semana contra a Violencia de Xénero, do 19 ao 25 de novembro

  • Este venres 16 de novembro dentro do Ciclo de Cine infantil e educación en valores "A ILLA DE NIM" na Casa da Cultura ás 17:00 horas.

Dodro_violencia

Dodro, 13 de novembro de 2012. O Concello de Dodro organiza actividades para a semana "Contra a violencia de xénero" con contacontos para nenos/as, charla-coloquio dos estereotipos da violencia de xénero, video foro coa proxección da película "Billy Elliot e teatro o venres día 23 e o domingo día 25, para pechar a semana coa concentración e lectura de manifesto en contra da violencia de xénero dos concellos de Padrón, Rois e Dodro na Praza de Macías O Namorado de Padrón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: do 14 ao 27 de novembro, mostra do VI premio internacional de arte Jesús Núñez

Ribeira: o artista Manuel Ayaso, arroupado na presentación dun libro da Deputación sobre a súa figura

Ribeira, 13 de novembro de 2012.- A estrea das novas instalacións municipais situadas en fronte da biblioteca municipal tivo lugar da mellor das maneiras, cunha presentación do libro retrospectivo da obra de Manuel Ayaso editado pola Deputación que encheu por completo o salón de actos con máis dun centenar de asistentes entre os cales se contaban unha nutrida representación da vida social, cultural e artística da bisbarra.

Co fin de explicar as características desta coidada publicación de máis de 300 páxinas ilustradas a toda cor, compareceron na mesa presidencial a escritora Eva Veiga, o propio Manuel Ayaso, o alcalde e deputado provincial Manuel Ruiz e Carlos López Crespo, alcalde de Outes, quen tomou parte no acto no nome da Deputación coruñesa.

O encontro arrancou coas notas musicais do filme “Casablanca” tocadas por Julio César Pereda, profesor de piano do Conservatorio Profesional de Riveira, quen tamén interviría no medio (“Unchained Melody”) e ao final do evento (“Over the rainbow”).

Creador universal, segundo Eva Veiga

Eva Veiga cualificou a Ayaso de “creador plástico noso e universal, non só porque aos 13 anos tivo que deixar a súa pequena patria de Aguiño cara os Estados Unidos, senón moi especialmente porque segue a ser un galego de raíz, fiel a unha lingua e a unha memoria”. E engadiu: “só é universal aquel que atesoura unha experiencia orixinal que ofrecida ao mundo vén a enriquecer o acervo cultural da humanidade”. Ademais, a poetisa manifestou que Ayaso é capaz de establecer unha comunicación profunda a nivel estético co espectador, calquera que sexa a súa procedencia e a súa condición.

Nun breve discurso, Manuel Ayaso quixo aproveitar a súa quenda para agradecer o seu apoio dun ou doutro xeito a moitas persoas, como Diego Calvo, presidente da Deputación; o senador José Luis Torres, o alcalde Manuel Ruiz, Eva Veiga, Mercedes Rozas, Xosé Vázquez Castro, Pepe Abeijón e a súa muller Ana, Alfonso Costa, Pilar Casas e Miguel Anxo Fernán Vello, prologuista do libro.

Un dos grandes, segundo o alcalde

Manuel Ruiz resaltou a calidade da impresión deste volume e declarou que coa súa publicación se fai xustiza á obra de Manuel Ayaso. O rexedor municipal loou a talla artística do autor e salientou que Manuel Ayaso está entre os grandes da pintura, como se pon de manifestou no feito de que calquera pode recoñecer un dos seus cadros sen necesidade de ler a súa firma.

“É hora de que en Ribeira empecemos a presumir dos grandes que temos”, afirmou Ruiz, quen mostrou a súa satisfacción por que as novas instalacións adquiridas polo Concello, chamadas a ser un auténtico dinamizador cultural, se estreen precisamente con esta presentación.

Para rematar, Carlos López Crespo transmitiu a Manuel Ayaso un saúdo de parte do presidente da Deputación e resaltou a vocación desta institución de difundir a cultura tanto no seu eido de consumo como de creatividade. O alcalde de Outes tamén aludiu ao binomio formado por Manuel Ayaso e o pintor noiés Alfonso Costa, presente neste acto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.11.12

Rianxo: a Banda de Música participa este sábado no VI Certame Galego de Bandas en Santiago

  • Haberá un autobús desde Rianxo para quen queira ir apoiar á formación musical rianxeira

Rianxo_banda

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Folga xeral: a Asemblea do Ensino Público da Barbanza anima a secundala este mércores 14

Escrito apoio folga xeral 14N.pdf Download this file

A última asemblea tivo lugar no Félix Muriel de Rianxo

Rianxo. 12 de novembro de 2012. A Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza, en atención a o seu propio principio constitutivo, a formación dun marco de deliberación crítica e acción consensuada, aberta permanentemente a toda a cidadanía, ten como obxectivo inmediato a posta en valor do SERVIZO PÚBLICO DO ENSINO E, POR EXTENSIÓN, DE TODO O SERVIZO PÚBLICO.

Esta Asemblea, formada por profesorado de todos os niveis educativos dos centros da comarca, así como asociacións de pais e nais, e alumnado, acordou, na reunión celebrada o mércores, 7 de novembro, no IES Felix Muriel de Rianxo, apoiar a Folga Xeral do vindeiro 14 de novembro.

"Consideramos dende a Asemblea que as políticas neoliberais que están a aplicar os gobernos galego e español desmantelan o modelo do benestar e levan a cidadanía a un empobrecemento masivo e, polo tanto, a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria.

A Asemblea súmase á Folga Xeral do vindeiro 14 de novembro por compartir os motivos da súa convocatoria, entre os que cabe sinalar o rexeitamento á reforma laboral, o repagamento farmacéutico, os recortes nas pensións e prestacións sociais, a suba do ive, a amnistía fiscal a quen defrauda, o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos ou a deterioración e privatización dos servizos públicos, nomeadamente os recortes que se están a producir no Ensino Público así como a reforma educativa iniciada polo goberno do Estado. Por todo isto, a Asemblea fai un chamamento á cidadanía a participar activamente nesta Folga.

Esta Asemblea tamén valorou moi positivamente a concentración do 17 de outubro en Ribeira así como o respaldo que obtiveron as mobilizacións do alumnado en defensa do Ensino Público en toda a comarca, con especial importancia naqueles centros onde as ANPAS estaban informadas, resaltando, entre outros, a resposta do alumnado do IES Felix Muriel de Rianxo, no que secundaron a folga o 70%, ou a dos IES nº 1 e Leliadoura de Ribeira, onde foi secundada polo 90%, alcanzando o 95% no CEIP de Aguiño.

Na menciona xuntanza a Asemblea decidiu, así mesmo, continuar con máis mobilizacións en defensa do ensino público que se anunciarán oportunamente", sinalaron en nota de prensa.

Próxima reunión da Asemblea: o día 28 de novembro, ás 7 da tarde, no IES A Cachada, Boiro

Noia: este venres, 16 de novembro, charla do guerrilleiro antifranquista "El Quico"

Noia, 12 de novembro de 2012. Dentro das actividades culturais deste outono, o Concello programa para este venres, 16 de novembro, unha charla titulada "Pola nosa memoria", que impartirá o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez López, alcumado "El Quico", o cal estivo na fronte de Galiza e León entre 1937 e 1952.

A interesante disertación e coloquio terá lugar na casa da cultura "Avilés de Taramancos" de Noia ás oito e media da tarde.

Quen é "El Quico"?

Non hai que confundilo con outro guerrilleiro tamén así alcumado, xa falecido, de orixe catalá, Francesc Sabaté, do que se pode ver unha curta en http://vimeo.com/20991255

https://lh3.googleusercontent.com/-zuoQg98M-1s/TYmz197uSjI/AAAAAAAAAVk/csP91U...

Francisco Martínez López escribiu o libro "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido", onde conta a súa historia e intenta recuperar a memoria histórica duns feitos que permaneceron agochados ata que morreu o dictador na cama e que logo apenas se divulgaron porque a teoría "non hai que abrir feridas nin foxas" dos herdeiros dos fascistas prevaleceu ata a Lei de Memoria de Histórica, que agora volven tumbar por omisión. O libro presentouse o ano pasado en Galicia, na libraría Couceiro de Santiago.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical