Ribeira, 13 de novembro de 2012.- A estrea das novas instalacións municipais situadas en fronte da biblioteca municipal tivo lugar da mellor das maneiras, cunha presentación do libro retrospectivo da obra de Manuel Ayaso editado pola Deputación que encheu por completo o salón de actos con máis dun centenar de asistentes entre os cales se contaban unha nutrida representación da vida social, cultural e artística da bisbarra.
Co fin de explicar as características desta coidada publicación de máis de 300 páxinas ilustradas a toda cor, compareceron na mesa presidencial a escritora Eva Veiga, o propio Manuel Ayaso, o alcalde e deputado provincial Manuel Ruiz e Carlos López Crespo, alcalde de Outes, quen tomou parte no acto no nome da Deputación coruñesa.O encontro arrancou coas notas musicais do filme “Casablanca” tocadas por Julio César Pereda, profesor de piano do Conservatorio Profesional de Riveira, quen tamén interviría no medio (“Unchained Melody”) e ao final do evento (“Over the rainbow”).Creador universal, segundo Eva VeigaEva Veiga cualificou a Ayaso de “creador plástico noso e universal, non só porque aos 13 anos tivo que deixar a súa pequena patria de Aguiño cara os Estados Unidos, senón moi especialmente porque segue a ser un galego de raíz, fiel a unha lingua e a unha memoria”. E engadiu: “só é universal aquel que atesoura unha experiencia orixinal que ofrecida ao mundo vén a enriquecer o acervo cultural da humanidade”. Ademais, a poetisa manifestou que Ayaso é capaz de establecer unha comunicación profunda a nivel estético co espectador, calquera que sexa a súa procedencia e a súa condición.Nun breve discurso, Manuel Ayaso quixo aproveitar a súa quenda para agradecer o seu apoio dun ou doutro xeito a moitas persoas, como Diego Calvo, presidente da Deputación; o senador José Luis Torres, o alcalde Manuel Ruiz, Eva Veiga, Mercedes Rozas, Xosé Vázquez Castro, Pepe Abeijón e a súa muller Ana, Alfonso Costa, Pilar Casas e Miguel Anxo Fernán Vello, prologuista do libro.Un dos grandes, segundo o alcaldeManuel Ruiz resaltou a calidade da impresión deste volume e declarou que coa súa publicación se fai xustiza á obra de Manuel Ayaso. O rexedor municipal loou a talla artística do autor e salientou que Manuel Ayaso está entre os grandes da pintura, como se pon de manifestou no feito de que calquera pode recoñecer un dos seus cadros sen necesidade de ler a súa firma.“É hora de que en Ribeira empecemos a presumir dos grandes que temos”, afirmou Ruiz, quen mostrou a súa satisfacción por que as novas instalacións adquiridas polo Concello, chamadas a ser un auténtico dinamizador cultural, se estreen precisamente con esta presentación. Para rematar, Carlos López Crespo transmitiu a Manuel Ayaso un saúdo de parte do presidente da Deputación e resaltou a vocación desta institución de difundir a cultura tanto no seu eido de consumo como de creatividade. O alcalde de Outes tamén aludiu ao binomio formado por Manuel Ayaso e o pintor noiés Alfonso Costa, presente neste acto.Greenpeace descolga pancarta diante da fachada d ExpoCoruña #Prestige #xuizoPrestige @gconfidencial @quepasanacosta twitter.com/seluman36/stat…
— Jose Luis Louzan (@seluman36) November 13, 2012
Natureza: Ischyropsalis hispanica, o opilión, outro tesoro agochado nas minas do Barbanza blogueiros.axena.org/2012/11/13/isc… vía @bloggersaxena
— Certo (@Certo) November 13, 2012
No ir a la huelga general del #14N porque no te caen bien a los sindicatos es como votar al PP porque no te caía bien el PSOE
— Яubén Sánchez #14N (@rubensancheztw) November 12, 2012
Medios: pódese doutro xeito, pero non mellor. El País vai ao carallo. El País, vai ao carallo marcus.es/2012/11/el-pai… Clariño artigo de @marcus
— Certo (@Certo) November 12, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario