- Hoxe é o "Día da Dignidade de Galicia", polo aniversario da catástrofe do Prestige
- O premio será entregado no Ateneo Valle Inclán o sábado 24 de novembro ás 18:30
Na imaxe, o ano en que resultou premiada a Cofradía da Dorna
Ribeira, 13 de novembro de 2012. Segundo se indica na acta adxunta, o Premio Altofalante do ano 2012 este ano é para os Indignados de Barbanza. Segundo explica a entidade convocante deste galardón, a asociación cultural Altofalante de Ribeira, "queremos recoñecer e apoiar o seu labor e contribuír a que este continúe. O premio consiste no recoñecemento público, na difusión do traballo da entidade galardoada e nun altofalante de man que se lle entregará aos galardoados nun acto público da asociación para que poidan seguir alzando a súa voz".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario