7.2.13

Porto do Son: un poema con imaxes e o oficio das redeiras, novos traballos audiovisuais de SonCine (vídeos)

  • A escola de audiovisual do instituto é unha fonte inesgotable de documentais etnográficos e materiais audiovisuais elaborados con moi poucos recursos pero con moita ambición

http://vimeo.com/soncine/redeiras

"Para as rapazas de 3º ESO que foron alí, o ano pasado e este, son as mulleres da Asociación Virxe do Carme premiadas o 2012 polo Ministerio de Agricultura, pero máis son as súas tías, as súas nais, as súas veciñas, traballadoras do mar, as que terman da vida día a día, a verdadeira escola desta terra.
Unha das visitas cadrou cun día de inverno, de tronadas, con moi pouquiña luz, e iso nótase no vídeo. Disculpade algún erro de montaxe. Andamos a correr. Grazas a todas elas. Este vídeo vai adicado a Rosalía, alegría do noso grupo de 3º ESO, que formou parte do equipo e abre e despide este clip".

Algúns vídeos máis que podedes ver na rede sobre as redeiras do Porto do Son. goo.gl/ulQoy goo.gl/5TmoJ goo.gl/xgIyk

Texto oficial da concesión do premio: goo.gl/LIQ1L goo.gl/OHDgA


"Esta é unha práctica escolar de montaxe audiovisual, dentro do proxecto , 3º ESO, IES de Porto do Son, e do album O meu Son. Xogamos coas imaxes que Christian trouxo dunha tarde de inverno nas fervenzas do río Sieira, e na Furna Vella, (onde Ramón Sampedro se mancou). Trátase de montar esas imaxes, rodadas cunha camariña de 200€ e un trípode de 20€ sobre un poema de Martín Veiga, Sol de Inverno, que dá título ao clip. a composición de música contemporánea é de Gidon Kremer, Silencio, editado nas excelentes coleccóns de Nonesuch. nonesuch.com/albums/silencio"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Concello organiza "Ferveiro Amarzo: I programa de poesía erótica"

I_programa_poesia_ertica_rianx

  • Dende a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística prepárase un obradoiro de poesía erótica a cargo de Antía Otero o sábado 16 de febreiro, un slam de poesía erótica o venres 8 de marzo e o I Certame de Poesía Erótica recitada o sábado 9 de marzo

Propostas detalladas:

- SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a  19.30 horas no Auditorio de Rianxo

Cando o corpo se fai verba. Obradoiro de creación (de poesía erótica) e posta en escena a cargo da escritora Antía Otero. Inscricións en www.rianxo.com a partir do venres 8 de febreiro

- VENRES 8 DE MARZO, Bar a Lareira (O Pazo) 22.30 horas

Slam de Poesía Erótica (fase de quencemento do I Certame de Poesía Erótica Recitada)

- SÁBADO 9 DE MARZO, Auditorio de Rianxo, 20.00 horas

I Certame de Poesía Erótica Recitada

Batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e unha persoa gañadora)

Intervención plástica erótica a cargo da artista María Piensos

Actuación musical a cargo de Najla Shami


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o programa de Entroido execútase o domingo 10 e o martes 12 de febreiro

Entroido_pobra


A Pobra do Caramiñal, 7 de febreiro de 2013. As xornadas do domingo 10 de febreiro e o martes 12 de febreiro son os días nos que o Entroido se celebra nesta vila.

O domingo día 10 é a xornada dedicada ós máis novos, cun concurso infantil de disfraces que se celebrará na Discoteca Gran Vía a partir das 17:30 h., con premios para os seis mellores disfraces, que recibirán os seus agasallos en forma vales de compra. Haberá tamén ocasión para disfrutar de animación con xogos, bailes e chocolatada, contando coa animación da formación Duendesico.

Premios:

  • 1º- 120 euros
  • 2º- 100 euros
  • 3º- 85 euros
  • 4º- 65 euros
  • 5º- 50 euros
  • 6º- 30 euros

Pola súa banda, o martes 12 de febreiro será a ocasión de participar no desfile de carrozas e disfraces, comezando o paseo da comitiva ás 17:30 h. no lugar da Covecha. Participarán no desfile as comparsas Samieira de Poio, Os Paparrulos de Marín, Os Miúdos de Arcade e Os da Caña de Marín. Disfraces e carrozas serán valorados por un xurado que outorgará premios ás dúas categorías participantes.

Premios na categoría de carrozas:

  • 1º- 600 euros
  • 2º- 450 euros
  • 3º- 300 euros
  • 4º- 150 euros

Premios na categoría de grupos, parellas e individuais

  • 1º- 350 euros
  • 2º- 250 euros
  • 3º- 200 euros
  • 4º- 125 euros
  • 5º- 75 euros
  • 6º- 50 euros



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Pesca: o BNG votou en contra da Política Pesqueira Común

  • Considera que é "maximalista en termos medioambientais" e que penaliza o emprego e a viabilidade económica do sector pesqueiro galego
  • A eurodeputada nacionalista Ana Miranda sinalou que defenden "un modelo sustentable e queremos evitar os descartes, pero sen impor calendarios inasumibles para a frota"
  • Inda así, o Bng valora a realización de plans plurianuais, a distinción entre acuicultura extensiva e industrial, o recoñecemento do marisqueo a pé, a toma de decisión a nivel rexional e a obrigatoriedade de recabar datos científicos


Estrasburgo, 7 de febreiro de 2013 .- O BNG votou onte en contra da normativa marco da Política Pesqueira Común (PPC) 2014-2020 aprobada polo Parlamento Europeo, ao entender que o documento é "maximalista en termos medioambientais" pero "minimalista en termos sociais" e non ten en conta as "graves consecuencias" económicas e de emprego que terá para o sector pesqueiro galego. A eurodeputada nacionalista Ana Miranda sintetizou en nota de prensa os tres principais escollos que impediron ao BNG apoiar o texto da reforma:

  1. A persistencia do principio de estabilidade relativa que mantén un reparto de cotas de pesca entre Estados anterior ao ingreso de Galiza na UE, sen ter en conta a dimensión real da frota pesqueira que, no caso da galega, é a máis importante de Europa. "Non se toca o status quo en vigor, e a o sector seguirá sen ter unha cota adaptada ao tamaño da nosa frota", lamenta Miranda.
  2. Imponse un calendario de descartes "inasumible para o sector galego" que debe entrar en vigor en menos dun ano para pesquerías tan importante como a sardiña,  xurel, lirio, xarda. Nos tres primeiros anos de aplicación da PPC os descartes teñen que ser cero ou se descontarán da cota de pesca, "sen que se concrete ningunha medida efectiva de compensación para a frota".
  3. Finalmente, o documento adopta unha definición "absolutamente restritiva" da frota artesanal, que deixa fóra a todas aquelas embarcacións que superen os 12 metros, "desestimando a demanda do BNG de elevar a dimensión aos barcos de 15 metros, mareas de 36 horas e redes selectivas". 

"Sen dúbida defendemos un modelo de pesca sutentable, pero o cambio de modelo que propón a PPC ten que ir necesariamente acompañado de medidas que permitan ao sector adaptarse sen perder emprego. Sen peixes non pode haber pesca, pero tampouco sen pescadores",  conclúe Miranda.

Aspectos positivos 

O BNG valora a proposta de realizar plans plurianuais para a xestión das pesquerías, a distinción entre acuicultura extensiva e industrial, e a inclusión do marisqueo na definición da actividade pesqueira. Igualmente, considera positivo o protagonismo da pesca artesanal e que se priorice o acceso aos caladoiros da frota con artes respectuosas co medio mariño.

Tamén destaca a "rexionalización" na toma de decisións, dando máis protagonismos as administracións máis próximas ao sector pesqueiro e aos seus representantes, e a obriga de elaborar informes científicos de todas as pesquerías, que deben ser de calidade, homologados entre todos os Estados e de acceso ao público.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: Primeiro conto do ano 2013 da Tasca do Cuco



“Aínda que ninguén é profeta na súa terra, nós seguimos loitando”

Meus benqueridos fregueses,

Fai uns dias  tivemos a oportunidade de representar aos amantes das motos clásicas do Reino, por cortesía do Moto Club Compostela (http://www.motoclubcompostela.com), que xuntounos a todos na súa sede social na cidade do meu querido difunto patrón, o Bispo Xelmírez.

O obxectivo desta reunión foi o de acordar as datas do calendario de xuntanzas e competicións para motos clásicas neste novo ano: loxicamente falamos de eventos legais e respectuosos para coa veciñanza e co medio ambiente, dándolle un enfoque de compañeirismo lúdico-cultural.


E alí estiveron tamén os representantes deste humilde Motor Clásico virtual (http://www.reino.sitio-distinto.com): non importaron os estragos meteorolóxicos do Ciclón Gong (caeu un verdadeiro diluvio, palabra de servo de Deus) durante a viaxe entre Ribeira e Compostela, que alí estaban os representantes de Motor Clubs de Compostela, A Estrada, Padrón, Pontecesures, Vilagarcía, O Salnés... até chegaron os de “Paco de Vilalba” (http://www.maesoTT2013.es) para comunicarnos que pronto van comezar as obras do Circuíto de Velocidade de Galicia!!!!

Pero queridos fregueses, non todo son boas novas, porque ninguén é profeta na súa terra: as envexas son un mal endémico, que ides ver na nosa historia:

O circuíto vai ser feito pola iniciativa privada, xa que Paco de Vilalba pertence a un equipo privado que compite no “Tourist Trophy” da Illa de Man (Inglaterra). Pero este gran home, ao non atopar colaboración na Federación Galega de Motociclismo (http://www.fgmoto.org), vai arriscar os seus cartos para darnos ledicias aos afeccionados galegos. Claro que, como esta xente corre con licenza internacional, a Federación española non muxe diso: e en consecuencia négase a apoiar: é a ENVEXA!!!

Isto recórdame a nosa peregrinación á procura de circuíto para as motos:

  • Nos anos 80 estivemos axudando á celebración de probas de motocross no circuíto de Couso (Aguiño) ata que din que reclamaron problemas de marcos e tivemos que deixar o lugar. Hoxe o lugar está abandonado.
  • Uns anos mais tarde, fomos para Xuño, tamén nunha zona abandonada de terreo público. Un ano despois tivemos que saír, desta vez xa non preguntei as razóns.
  • Máis adiante mandáronnos para a Curota, en terreos da Pobra do Caramiñal, primeiro preto do miradoiro (tamén había alí unha lixeira), e logo xa nos chans da Curota. Tamén nos escorrentaron. Desta vez foron os organizadores do Curro: eles poden facer unha porcallada de instalacións que son unha clara contaminación visual, e nós non podemos organizar unha ou dúas probas ao ano: de novo A ENVEXA!!!

Polo menos agora os pilotos de Motocross xa teñen un circuíto e facer probas legalmente no Monte de San Alberte. Pregúntome: ata cando durará esta ventura?  Ampliarán o polígono de Xarás e desaparecerá o circuíto?

Pero a pesares de todos os problemas, nós continuamos adiante a toda máquina: xa temos logo no noso Moto Club Clásico e páxina web: e todo grazas ao traballo desinteresado dos socios-traballadores do Club!!!

E ademais estamos preparando rutas polo Barbanza para motos clásicas, ademais de exposicións de motos clásicas, de balde, para os afeccionados.

Vémonos na Feira Retro Auto-Moto Galicia (16-17 Febreiro, no Recinto Feiral de Amio. http://www.eventosmotor.com), estaremos o sábado 16 presentando novidades no stand do Motor Club Compostela: a envexa non vai poder connosco!!!


:) Agardamos saber de vós. Continuamos!

Coa miña bendición

Padre Teixugo


Anteriores contos da Tasca do Cuco, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.2.13

Boiro: programa de Entroido (cartel)

Ribeira: máis de 160 anotados nos 12 cursos de informática de catro parroquias

  • Supón que se cubren case todas as prazas de cada curso ofertado

 

Ribeira, 6 de febreiro de 2013.- No transcurso desta semana están a dar comezo os cursos de informática ata o mes de abril no municipio.

En total son máis de 160 os veciños e veciñas apuntados nestas accións formativas que comprenden 12 grupos diferentes distribuídos en catro parroquias: Aguiño, Carreira, Palmeira e Ribeira.

Hai tres especialidades (Alfabetización Dixital, DNI Electrónico e Certificados Dixitais, e Retoque Fotográfico). Os cursos son gratuítos e prolongaranse ata o 11 de abril.

A Concellería de Enerxía e Novas Tecnoloxías, que dirixe Emilio Pérez Outeiral, expresou a súa satisfacción  pola grande aceptación que ten esta iniciativa, xa que na práctica maioría dos cursos ofertados cubríronse as prazas a disposición (14 por aula).








Ribeira: do 15 ao 17 de marzo, viaxe á neve

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: a Deputación financia o novo campo de fútbol con 140.000 euros

  • Namentres o vicepresidente Alfonso Rueda e o presidente da Deputación, Diego Calvo, van predicando a discriminación positiva para concellos que se fusionen, a fusión de Lousame con Noia está a ser un asunto tabú

O campo de fútbol está situado nun terreo municipal xunto ao CIP de Cernadas de Castro. As actuacións programadas inclúen a dotación de herba artificial ao longo dos 100 metros de largo por 50 de ancho que ten o campo. Ademais, realizarase a marcaxe do campo de fútbol 11, así como os sinais de dous campos de fútbol 7 transversais. Tamén colocarase unha varanda perimetral.

Villaverde destacou que a situación escollida para o campo permite que os alumnos do CEIP Cernadas de Castro e das escolas deportivas poidan acceder ás novas instalacións sen precisar traslados. Son usuarios potenciais os máis de 450 alumnos do centros de educación, os 100 alumnos de escolas deportivas e os xogadores dos tres equipos federados do concello, o Lousame Veteranos, o Lesende e o Cruído e as categorías inferiores das escolas de fútbol xuvenís.

Pola súa banda, o presidente provincial lembrou que esta obra foi solicitada pola alcaldesa de Lousame coma “unha prioridade para o seu concello”, e confirmou que “o máis probable é que as novas instalacións xa poidan usarse a próxima tempada”.


Antes, en Certo:


Perigo: o Bng advirte das obras do campo de fútbol do Cruído

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.2.13

Folga estudantil: Galiza Nova chama á participación en Rianxo este mércores 6, ás 12 diante do IES "Félix Muriel"


IES "Félix Muriel" de Rianxo

Rianxo, 5 de febreiro de 2013. A comarca da Barbanza e toda Galicia está estes días a mobilizarse e participar na Folga estudantil deste 6 de febreiro contra o modelo educativo do Partido Popular, en concreto contra a controvertida Lei de Wert ou LOMCE, que suporá de aprobarse un retroceso ao franquismo e un perigo para os avances da lingua galega dende que saímos do foxo da ditadura.

Dende Galiza Nova animan á participación na manifestación de mañá día 6 en Rianxo, no instituto da localidade, dende donde partirán ás 12 do mediodía en camiñata ata diante do Concello, na praza Castelao. Alí rematarase coa lectura do manifesto aberto en defensa do ensino público galego. Baixo o lema “Non ao modelo educativo do PP. O ensino é un dereito e non un privilexio" a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, desenvolveu durante as pasadas 2 semanas na Barbanza unha intensa campaña para espallar a Folga Estudantil deste mércores 6 de febreiro. En palabras do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera García, “con esta mobilización a mocidade galega responderá unha vez máis
aos recortes do PP no ensino galego así como á reforma educativa do goberno Rajoy”. Para Mera, “con esta reforma, xa chamada a Lei da Wertgoña, o PP pretende retornar ao modelo educativo do franquismo, acabando co carácter público, universal e gratuíto do ensino e reforzando o seu papel españolizador”. Aquí na Barbanza realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos centros de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo. Salienta Galiza Nova que “a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes. Desde Galiza Nova apoiaremos a Folga Estudantil do 6 de febreiro para amosar o noso  rexeitamento maioritario a unhas políticas educativas que segundo palabras do Secretario Xeral da organización “constitúen un verdadeiro ataque ao ensino público galego e eliminan a igualdade de oportunidades pola elitización da educación". Así mesmo, desde as mocidades nacionalistas, anuncian que de non rectificarse estas medidas continuarán as mobilizacións para frear o ataque do PP ao ensino público.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres, 8 de febreiro, presentación de "Herdeiros pola forza" no colexio de Taragoña

Herdeiros_taragoa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical