10.7.08

Manda o lector: a pluma de Cela



Botan de menos tantas entradas e tan seguidas neste blog. Hai alguén -moi teimudo, como case todos os que formamos Certo, é un defecto, non unha virtude, na maioría dos casos- que está entusiasmado con esta bitácora, pero outro di que non acaba de velo. Por unha tempada foi gañando o primeiro, pero logo, con tantos frentes abertos, fixeron que esta actividade blogueira decaese.

Mais aquí estamos. Para enfocar o blog doutro xeito: sen tantas entradas, pero con máis reflexión. Só así pode haber comentarios. Se metemos cinco ou seis propostas cada día, o lector, por moito tempo libre que teña (e hoxe semella que ninguén ten diso, é un producto de luxo) non da abasto. Así que imos meditar. Como cantaba Reixa cando aínda era Resentido e non un cineasta burgués, "cómpre reflexionar". Nisas estamos.

Abrimos fogo co asunto da pluma de Camilo. Estámonos a secularizar, iso está claro, pero coas supercherías da relixión. O feito de que Touriño, elexido democraticamente por cidadáns do século XXI, que en teoría non lle rinden pleitesía a ningún rei, reciba a estilográfica coa que Cela asinou un texto non é máis que unha volta ás reliquias. Si, esas que lle entusiasmaban a Felipe II, que case tivo que facer o Escorial para meter tantas que coleccionou... Que iso sexa noticia -de gabinetes de prensa da Xunta, de tódolos medios repetindo como papagaios estes días- é voltar atrás. "Aquí hay tomate" fixo moito dano. A Marina Castaño tamén. Daqueles polvazos estas lameiras.

E vostedes teñen algo que decir? Retruquen, só pedimos sentidiño

Tamén poden visitar a web da Fundación Cela e opinar sobre iso do sectarismo político no mundo da cultura, que promete. Aquí

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desculpade porque non estou ao tanto da noticia, pero aparentemente está ben que un artista non sexa patrimonio de ningún partido ou ideoloxía. Os seus esqueletos no armario son outro asunto. Eu falei con Cela unha vez, en Adina, e foi moi amable. Tiña moito talento coas palabras.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical