En Barbanza destacan tres asociacións de montes en man común pola súa actividade en Internet: a de San Pedro de Muro e a de Nebra, en Porto do Son, e a de Camboño, en Lousame.
Recomendados por Paco do Martelo, comuneiro de Nebra sobradamente coñecido en Certo (só teñen que pasarse pola páxina de Porto do Son ou mesmo ver a entrevista que lle fixemos no seu día) presentámoslle hoxe a uns comuneiros dunha ría máis abaixo (a de Pontevedra). Son os comuneiros de Darbo (que rima con garbo e xa o aproveitaron na copla
Nosa Señora de Darbo
Ten o garbo na mantilla
Que lle mandou de regalo
A Nosa Señora da Guía)
en Cangas do Morrazo. Organizan un ciclo de charlas titulado "Un monte descomunal" e tratan, en tres sesións, a micoloxía e o patrimonio arqueolóxico, con teoría e práctica. Os horarios e datas son os que seguen:
VENRES 27 de NOVEMBRO ás 20.30 h "COGOMELOS NOS MONTES DE DARBO" Alba Dasairas Bouzada (Lcda. CC. Biolóxicas-Micóloga) SÁBADO 28 de NOVEMBRO ás 10.30 h SAÍDA DE CAMPO
VENRES 11 de DECEMBRO ás 20.30 h "PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO NOS MONTES DE DARBO" Alexandre Paz Camaño (Lcdo. Historia) SÁBADO 12 de DECEMBRO ás 10.30 h SAÍDA DE CAMPOAsí que xa sabedes, se estas fins de semana queredes coñecer outro anaco de Galicia, ben coidadiño, repoludo e con xente orgullosa do seu, só tedes que asistir a algunha destas actividades.
Se queredes saber onde e que é Darbo, na Wikipedia.
Pero os mesmos comuneiros teñen unha páxina moi ben feitiña en http://www.montesdedarbo.org/inicio.htm

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario