31.1.10

Noia: a revista Alameda 34 debería interesar aos de Boiro, Ribeira e resto da bisbarra

Pode baixala da páxina do Liceo de Noia, aquí

Artigos Interesantes

Xerardo Agrafoxo escribe sobre dous compoñentes da París de Noia. Chamarálles a atención aos de Boiro saber que Xaquín García é de Pumardorrío, en Cures, e que o seu mellor acordeón tróuxollo de Italia un veciño de Cadarnoxo. Interesarálles aos de Ribeira coñecer que estudiou en Palmeira co pai de Paisal, o fundador dos Tamara.  Tamén é moi rechamante o que conta seu fillo, o actual director da París de Noia, Miguel García. Dende o dos músicos cubanos ata a rotunda afirmación de que, pasen os anos que pasen, seguirán cantando A Rianxeira.

Fálase tamén (é un número de xullo de 2009) de "lingua, políticos  e politiqueo coa lingua", que segue moi de actualidade. Recóllese un interesante artigo sobre o músico Felipe Paz Carbajal, que dirixiu a Banda de Música de Noia. Foi un gran musicólogo galego do XIX que hoxe está totalmente esquecido.

O actual alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, escribe sobre Cervantes, un dos seus autores de cabeceira. Desta volta, trata sobre a influencia do manco español máis universal -aínda que se discute se é de orixe galega, tamén neste artigo- en Jacinto Salas e Quiroga, un romántico da Coruña que viviu entre 1813 e 1849. Hoxe tamén está no esquecemento, aínda que Internet pode salvalo, pois moitas das súas obras están aquí.


Agustín Agra aborda os grafitti no seu artigo "Atacando muros". E ilústrao con algúns de Noia moi significativos.

 En "O movemento insurreccional de outubro do 34. A súa incidencia en Boiro", Antón Rodríguez Gallardo recolle un anaco tumultuoso do noso pasado.

Clodio González, Escritor e profesor, fala do primeiro gravado de San Martiño de Noia, que se reproduce, fermosísimo, na revista, e data de 1884.

E Pilar Sampedro reseña nun amplo artigo a novela inédita de Antón Avilés de Taramancos que permaneceu case 50 anos no fondo dun baúl. Trátase de "O cabalo de vidro".

Todo iso con poemas varios, fotos antigas que da gloria velas e moita sensibilidade na edición. Non poden deixar de lela!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical