Os departamentos de Xuventude e Deportes do Concello de Ribeira e a sección de sendeirismo da asociación As Miñoteiras organizan unha ruta de sendeirismo para o vindeiro domingo 14 de marzo.A posibilidade de participar está aberta a todo o mundo, coa única excepción do límite de prazas. A ruta será no Grove e terá unha distancia de 18 km a facer en 6 ou 7 horas. Está catalogada de dificultade baixa. O prezo por persoa é de 10 euros.A hora prevista de saída será ás 9.00 da mañá da estación de autobuses de Ribeira. Para máis información e inscricións:
Auditorio Municipal. Tel. 981 83 56 50
deportes@riveira.com
xuventude@riveira.com
Flickr de Rob Unreall. Foto cargada el 7 de mayo, 2009 por Rob Unreall
Esta ruta, que bordea boa parte da zona costeira de península do Grove, comeza no porto de Pedras Negras (San Vicente do Mar), onde unha pasarela de madeira nos vai levando practicamente pegados ó mar hasta chegar á praia de Canelas, onde o panorama cambia radicalmente. Os arames de espiños tipo “Buscando al soldado Ryan”, así como as bocas dos canóns, que parecen a punto de disparar a un hipotético inimigo mariño, recrean un tipo de paisaxe un tanto funesto. Atopámonos diante dun dos campos de tiro da Brilat pontevedresa. O “Con Negro” vai ser o seguinte punto de referencia na ruta. Os “cons”, son eses outeiros característicos, de grandes dimensións, que nestas terras adoitan dar nome a puntos xeográficos: Con Negro, Con da Hedra, Con Ministro, Cons da Patarroxa…. Entre sendeiros costeiros e outros habilitados algo máis no interior, iremos chegando ó “Adro Vello”, unha necrópole tardoromana situada na praia do Carreiro. Durante o tempo en que se realizaron escavacións nela, atopáronse superpostos, unha vila romana, restos dunha capela visigótica do S. II, unha necrópole, e restos dunha fortificación do S. XII. Ademais, nesta escavación atopouse unha moeda coa representación máis antiga da barca cos restos do Apóstolo.
O seguinte fito na ruta será a lagoa de Bodeira. Esta lagoa de auga doce está situada ó lado da praia Meixilloeira e illado do mar por unha duna. Os xuncos limitan a lagoa para dar albergue ás aves migratorias que habitan este lugar. Estamos diante da única lagoa con estas características da provincia de Pontevedra. Na area de Reboredo, cerca xa do Porto Meloxo, abandonaremos o sendeiro costeiro, e unha estrada iranos levando en continuo ascenso ás faldras do monte Siradella. Antes, descansaremos uns intres no miradoiro do Con da Hedra, desde o que poderemos ver ó lonxe o comezo da nosa ruta. Uns minutos despois chegaremos ó alto da Siradella. Lugar emblemático relacionado coa lenda máis famosa da zona grovense: O Meco. Despois de visitar o castro de Feáns, unha espectacular baixada entre rochedos permitiranos ver entre unhas pedras, unha pequena figueira. Conta a lenda que alí aforcaron os veciños do Grove ó Meco, un señor feudal que os tiña “asfixiados”. Tamén contan que desde aquela, da figueira saen uns figos tinguidos de vermello, por mor da sangue do tirano. Todas estas historias lendarias e as fermosas panorámicas deste entretido roteiro, fan desta saída unha das máis interesantes que se poden facer polos arredores da ría arousán.
Auditorio Municipal. Tel. 981 83 56 50
deportes@riveira.com
xuventude@riveira.com
Descrición da ruta:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario