O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños asinou dous convenios diferentes con 8 confrarías do Barbanza
Confraría de Rianxo
Ribeira, 24 de febreiro de 2010.- O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, asinou 15 convenios coas confrarías de Aguiño, Cabo de Cruz, Noia, Palmeira, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira co obxectivo de acadar unha mellora na xestión, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños. O importe para a materialización destes traballos é de 490.800 euros e a súa vixencia prolongarase ata o vindeiro 31 de decembro de 2010, con posibilidade de prórroga. Dentro dos 15 convenios hai dous tipos de acordos. Un deles ten por obxecto paliar os efectos negativos que produce, entre outras actividades, a sobreexplotación dos recursos mariños. Para iso, contémplase a realización das actividades de conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, establecendo as condicións de acceso ás zonas de pesca. Con estas actuacións preténdese mellorar as condicións para a produción (coidado, control e seguimento dos bancos marisqueiros) e loitar contra o a extracción ilegal.
Farán os novos carteis para disuadir aos furtivos en castelán, galego e inglés? Ou só en castelán? O segundo dos acordos dos convenios asinados entre a Consellería do Mar e as confrarías de Aguiño, Cabo de Cruz, Noia, Palmeira, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira vai encamiñado a mellorar a xestión das zonas de produción. Nel inclúense accións dirixidas á implantación de técnicas de semicultivo, á elaboración de plans de explotación e de proxectos de rexeneración de zonas de produción e ao seguimento da produción efectiva dos bancos naturais marisqueiros. O departamento que dirixe Rosa Quintana comprométese a destinar os medios persoais e materiais propios que sexan precisos para acadar o desenvolvemento e coordinación das accións obxecto dos convenios. Ademais, fará un seguimento das accións en colaboración coas Confrarías e tomará as medidas pertinentes para o seu desenvolvemento normalizado.
Rula da ameixa en RianxoA defensa do medio mariño e dos recursos marisqueiros é un dos obxectivos da Consellería do Mar, por iso considera necesario adoptar medidas de xestión, mediante a prestación de apoio aos profesionais, que permitan acadar a súa máxima rendibilidade de xeito compatible coa conservación do recurso e do seu medio.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario