Nas chans do Barbanza pódense atopar "sorpresas" coma ésta Rianxo, 18 de marzo de 2010. O Servizo de Deportes do Concello organiza o vindeiro sábado, 27 de marzo, unha rota de Sendeirismo polos Chans do Barbanza. O nivel de dificultade do percorrido é medio-alto. A rota, que ten unha distancia de 15 quilómetros, comeza no Iroite e remata no Monte Curota. Durante o percorrido visitarase a Arca do Barbanza, Outeiriño redondo, Casota do Páramo e outros lugares de interese arqueolóxico ou paisaxístico.
Vistas dende o monte CurotaO tempo estimado que levará percorrer a rota é de cinco horas aproximadamente. O límite de prazas é de 50.
Esta actividade vai dirixida a adultos e ten un custe de 3€. Mais información e inscricións no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario