30.4.10

Ribeira: aberto o prazo para solicitar axudas que promovan a posta en valor do Parque das Illas Atlánticas (Sálvora)


Illa de Sálvora, co pazo que antes fora fábrica de secado e salgadura de peixe

O DOG publica a orde da Xunta para solicitar axudas na área de influencia socioeconómica do parque das Illas Atlánticas. Nesta norma especifícase que esta zona de influencia inclúe territorios dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Destas subvencións poden beneficiarse administracións locais, entidades empresarias e persoas físicas residentes nesta área

Ribeira, 30 de abril de 2010.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde de Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario dos anos 2010 e 2011.

A área de influencia deste espazo protexido comprende os concellos que teñen parte da súa superficie no mesmo, como é o caso de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións locais, comprendendo os concellos, entidades locais menores e aquelas de carácter supramunicipal; as empresas (pequenas e medianas) e os autónomos, así como as persoas físicas residentes na área de influencia socioeconómica.


Serea de Sálvora

Iniciativas subvencionables

Serán obxecto de subvención todas aquelas iniciativas públicas tendentes á modernización das infraestruturas urbanas, periurbanas e rurais de uso xeral que garden relación directa coas finalidades e obxectivos do parque. Tamén serán subvencionadas as propostas orientadas á conservación e restauración do patrimonio natural e arquitectónico, así como a eliminación de calquera tipo de impacto, incluíndo o visual.

Os funcionarios do parque nacional serán os encargados de realizar inspeccións de campo para comprobar os datos da solicitude presentada, a viabilidade dos traballos e verificar in situ as superficies.

Orzamento
A dotación de crédito total para os anos 2010 e 2011 das liñas de subvención é de 146.543,67 euros para cada anualidade. As solicitudes de subvención dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e poderán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou nos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural.

Web do Ministerio sobre Parques Nacionais
http://reddeparquesnacionales.mma.es

Sabía vostede que hai unha canción popular na que se fala de Sálvora e Aguiño?

NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós
e havos de pasar a vós.

Ai Sálvora, ai San Vicente,
as nenas bonitas hainas en Ourense. (as nenas bonitas hainas en Mourente)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical