O PSdeG apoia as reivindicacións do comité de empresa do Hospital do Barbanza así como os actos e concentracións convocadas e defenderá no Parlamento que a Xunta de Galicia tome unha decisión antes do verán para mellorar a situación do persoal pertencente ao centro hospitalario barbanzano
Ribeira, 30 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vén de rexistrar unha Proposición non de Lei no Parlamento e afirma que “o goberno galego ten que escoitar aos usuarios e aos traballadores do hospital do Barbanza, e verá a necesidade de dotar de máis persoal a este centro hospitalario”. ”Fai meses que o goberno galego coñece as reivindicacións dos traballadores e traballadoras do Hospital do Barbanza, e polo de agora non deron un só paso adiante nin explicacións do que teñen pensado facer, e cómpre que se adopten decisións inmediatas”, engadiu.
”O Valedor do Pobo no pasado mes de Marzo instaba á Consellería de Sanidade a crear prazas específicas de celadores no recinto para evitar que os auxiliares de enfermaría realicen esas funcións.”, encargouse de lembrar Lage Tuñas despois de rexistrar unha proposición non de lei na cámara lexislativa galega. O deputado socialista recordou que “o hospital da cobertura a unha poboación potencial de 70.000 habitantes e a lentitude da asistencia nalgúns casos débese á falta de celadores/as, e a sobrecarga de traballo que están sufrindo @s auxiliares de enfermería”
Concluiu o deputado barbanzano sinalando que “os socialistas facemos esta proposta con ánimo constructivo e agardamos que sexan receptivos dende a Xunta de Galicia, xa que é preciso tomar decisións para mellorar a situación do persoal do Hospital do Barbanza”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
1 comentario:
Moitas grazas polo apoyo Sr Lage.
Os traballadores deste centro, que en moitos casos tamén somos usuarios ó residir na zona, consideramos que se está incurrindo nunha grave situación de discriminación cos usuarios e cos traballadores deste centro, xa foi antes xestionado coma fundación, carecendo de moitos servicios, con grandes listas de espera, falta de médicos e de especialidades...etc
e agora que está integrado no Sergas, os traballadores traballan en condicións inferiores o seus compañeiros por exemplo de hospitais como o clínico de santiago, se somos sergas, porque non se nos trata como a eles? porqué esta falta de respeto a estes profesionais e a estes usuarios, que culpa teñen de residir en ribeira, pobra, boiro...non pagan os seus impostos como os de santiago?
esperemos sepan arranxar este tema na xunta e tratalo co respeto que se merece, porque ata o de agora so recibimos negativas e o apoyo non vinculante pero importante do Valedor do pobo.
GRAZAS POR ESCOITAR AS NOSAS PETICIÓNS SR LAGE
Publicar un comentario