21.4.10

Ribeira: o novo local de hostalería, "A taberna do Riaso", inaugúrase o xoves 29

Ribeira, 21 de abril de 2010. Atensión, atensión!!! O vindeiro Xoves 29 de Abril ás 20:30 da tarde terá lugar a inauguración de "A Taberna do Riaso" situada na Rúa do Sal da Centenaria, e cada vez máis juapa, cidade de Ribeira (no callejón do Triskel e do Morgan).
Para todos os que vos acerquedes por alí habera pinchos en abundancia e cerveza como para encher a Lagoa de Vixán, tamén agua e refrescos para xente sana coma min.
Ademais teremos unha degustación dos mellores viños de España a tan só 1 € cada copa (D.O. Toro, D.O. Rueda, D.O. Rias Baixas, D.O. Somontano, e moitas mais).
Non faltedes porque vou a pasar lista!!

Nota de Certo: non lle sacamos nada á "elejante" nota de prensa que mandou o novo hostaleiro da Centenaria. E dirán vostedes: quen é Riaso? Pois ou non son de Ribeira, ou nunca viñeron á Dorna, ou algo pasa. Infórmense! Entrevistámolo o ano pasado, cando aínda era presidente da Cofradía máis festeira da contorna.


Francisco Martínez, "Riaso", entrevistado aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical