3.5.10

Muros: consideran precaria a situación da base do Servizo de Vixiancia Aduaneira de Muros

A patrulleira, de 24 anos de antigüidade, non supera os 18 nós de velocidade e a media de idade da tripulación é moi elevada

Noia, 3 de maio de 2010.- Os deputados do BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón e Bieito Lobeira, veñen de presentar unha iniciativa na que denuncian a precariedade da base do Servizo de Vixilancia Alfandegueira (SVA) de Muros.

En concreto, denuncian que esta base, dependente do Goberno Central a través da Axencia Tributaria, “unicamente conta cunha solitaria e veterana patrulleira lixeira, a V.A. II, de 24 anos de antigüidade, e cunha velocidade máxima que non acada os 18 nós, claramente insuficiente, por non dicir inútil, para o tipo de operacións que debe levar adiante”.  Ademais, os parlamentarios nacionalistas  advirten de que “a media de idade da tripulación é moi elevada”. “Todo isto –subliñan- nun contexto no que a Costa da Morte rexistra un notábel nivel de detección de droga fondeada”.

Ante esta situación, os deputados do BNG demándanlle á Xunta de Galiza que se dirixa ao Goberno central a fin de defender a substitución da embarcación “V.A.II”, con base en Muros, e que se incremente o persoal do SVA adscrito a esta base.

Punto de destino de boa parte da droga do Estado español

Por último, Ana Pontón Bieito Lobeira inciden na necesidade de acometer unha necesaria mellora das bases do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galiza, dado que as nosas costas seguen a ser o punto de destino de boa parte das descargas de droga no Estado español.

Así, lembran que só no litoral galego aprehendeuse o 57% da cocaína desembarcada en 2009 no Estado  Español, e iso tendo en conta de que se estima que non se decomisa nin o 20% da mercadoría que se cre que circula.

Download now or preview on posterous
32692-asinado.pdf (98 KB)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical