3.5.10

A Pobra: os socialistas critican a ausencia do alcalde, Isaac Maceiras, na xestión do POL

Teresa García acusou ao Alcalde de ter abandonado ó Concello a súa sorte pese ás graves consecuencias que traerá a aprobación do POL

A Pobra do Caramiñal, 3 de maio de 2010.- Os socialistas da Pobra din estar "asombrados coa actitude do Alcalde de absoluto silencio sobre as afeccións do Plan do Litoral no municipio. Foi incapaz de convocar unha reunión, tal e como lle pediron os socialistas o día 11 de marzo para facer fronte común e defender os intereses dos veciños. Desde o día 2 de febreiro, que recibiron o documento do POL no concello, temos ó Alcalde desaparecido, e sen dar explicacións lóxicas, legais e motivadas".

Segundo o grupo municipal socialista, "teremos o día 10 de maio un Pleno extraordinario e os veciños seguen indefensos. Trátase dun Pleno de trámite ao que o PP non lle da importancia, tendo en conta o que a Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local di no art.. 46.2.a) “...a celebración do mesmo non poderá demorarse por máis de 15 días hábiles, ... se o Presidente non convocase o Pleno extraordinario dentro do prazo sinalado quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil ... notificado polo Secretario da Corporación...” debido a que se convocou tal e como establece a lei, (notificado polo Secretario) deducimos que para o equipo de goberno carece de interese o das afeccións do POL, ou se non, apresuraríase a convocar este Pleno o Alcalde".

Ademais, acusan a Maceiras de "servilismo ao goberno da Xunta, pois antepón os intereses do seu grupo político aos dos veciños deste Concello. Recordámoslle que antes que nada é Alcalde da Pobra, e na súa man está resolver todas as dificultades municipais. Observamos notables diferencias agora que cando gobernaba o bipartito na Xunta: naquel entón convocaba  Plenos extraordinarios para defender os intereses veciñais, referímonos a seguridade vial da AC-305 o seu paso polo Campiño, traía Delegados, asistíamos a reunións en San Caetano, reunións cos afectados no Concello. A metade desas mesmas persoas que tanto defendía están afectados polo POL. Agora que as afeccións son inmensamente máis perxudiciais, o Alcalde está desaparecido, agochado, fora de xogo".

A proposta do Grupo Parlamentario Socialista é que os cinco concellos que teñen adaptado o PXOM á Lei de Ordenación Urbana de Galicia prevaleza éste sobre o Plan do Litoral. "Proposta máis que razoable para que o Alcalde se unira a defendela. É infinitamente máis lesivo para os intereses dos propietarios o POL que o PXOM, e conste que nós votamos en contra dese PXOM que prexudicou a moitos propietarios. Non nos queremos converter en firmes defensores dun Plan Xeral feito a medida do PP pero é de sentido común apoialo agora, xa que o POL neste concello,  é unha desfeita", argumentan os socialistas pobrenses.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical