3.5.10

Ribeira: ata o 14 de maio, prazo para anotarse á saída cultura para maiores con destino a Fátima


A excursión desenvolverase entre os días 21 e 23 de maio. Tamén irán a Batalha, ao mosteiro da imaxe

Ribeira, 3 de maio de 2010.- O Departamento de Servizo Sociais de Ribeira informa de que este luns, día 3 de maio, iniciouse o prazo de inscrición para participar na terceira das Saídas Culturais para Maiores que organiza a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, e que terá como punto de destino a localidade portuguesa de Fátima.

Basílica de Fátima. Foto de Diego Romero

Esta excursión desenvolverase entre os días 21 e 23 de maio. O evento arrancará 7.30 horas do 21 de maio coa saída desde Ribeira. Pola tarde visitarase unha bodega e a continuación chegarase a Fátima, onde os que o desexen poderán acudir á procesión das antorchas. 

A segunda xornada estará dedicada a visitar algunhas poboacións do entorno, como Óbidos, Caldas da Rainha e Nazaret, así como o mosteiro de Batalla. O último día servirá para percorrer diferentes puntos situados en Fátima, como o Aljustrel, as Covas de Moeda e a Nova Basílica da Explanada. 

O prezo por participar é de 67 euros por persoa. Os maiores interesados en tomar parte nesta excursión, a primeira das seis que integran as Saídas Culturais 2010, deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409). 

O prazo de inscrición remata o día 14 de maio.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical