Foto en Flickr de livingroomshadows
Noia, 27 de maio de 2010. O día 5 de xuño conclúe o Curso de Actualización e Especialización en Adiccións, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Noia e o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias. O curso levantou expectación e interese e chegouse a un número de 25 inscritos xa que, xa iniciado o curso, fóronse incorporando persoas interesadas na materia.
Botellón na praia
Durante o curso tratáronse, entre outros temas, o consumo abusivo de alcohol e o alcoholismo, aspectos xerais das drogodependencias, unha análise das campañas de información e sensibilización sobre o consumo de drogas e a intervención con menores no contexto de ocio e tempo libre.
Charla aberta ao público sobre o consumo de porros
Sinal en Holanda. Foto en Flickr de Marie-ll
Nesta última sesión tratarase sobre os mitos acerca do cannabis e a prevención dos problemas ocasionados polo seu uso. O docente encargado de impartir esta sesión será Manuel Isorna Folgar, coordinador do Programa de Prevención dos Concellos de Baixo Ulla-Sar e doutor en Psicoloxía. O lugar de realización desta sesión do curso será no edificio dos servizos sociais na rúa do Curro, número 4.
Pranta de "maría", foto no flickr de Statuesque
Dada a importancia do tema esta última sesión estará aberta ao público xeral. As persoas que teñan dúbidas sobre o consumo de cannabis, ou se os seus fillos/ás ou coñecidos próximos consumen porros e están preocupados por esta situación. Xeralmente, son situacións preocupantes no consumo de cáñamo sobre todo se son novos, consumen moita cantidade de cánabo ou frecuentemente ou consumen marihuana de variedades moi fortes.
Para calquera información adicional poden contactar co Plan Comarcal de Prevención de Drogodepedencias no teléfono de atención e consultas: 609.82.31.34 ou escribindo un email á dirección de correo electrónico: infodrogas@gmail.com
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario