Rianxo, 25 de maio de 2010. Como xa informamos anteriormente, Rianxo está considerado pola Xunta como "Porto Xacobeo". Por esta razón, o concello vese beneficiado por unha serie de actividades culturais que van transcorrer nestes últimos días de maio. Aínda que houbo un baile de datas con algún acto, como a conferencia sobre o Camiño de Santiago polo mar (no primeiro folleto aparecía o pasado 21 de maio), a programación vai ser a seguinte: Conferencia: O Camiño Xacobeo por mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa
Día: 28 de maio
Lugar: Auditorio de Rianxo
Hora: 20:00
Impartida por Javier Sánchez-Agustino Mariño, Presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Rio Ulla Exposición: O Camiño Xacobeo por mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa
Dias: 24 ao 30 de maio
Lugar: Auditorio de Rianxo
Aberta de 19:00 horas a 21:00 horas
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario