A saída será da praza do ConcelloRibeira, 25 de maio de 2010. O domingo 6 de xuño na Praza do Concello hai unha cita para saír a dar unha volta en bicicleta. Organiza o Concello, a peña ciclista Tahúme e unha tenda de bicicletas. Ata ese mesmo día se pode inscribir o que queira participar (de dez e media a once e cuarto da mañá). O roteiro comeza ás once e cuarto, cun paseo ata a parroquia de Aguiño pola estrada de Castiñeiras.Unha vez chegue o pelotón ao porto de Aguiño, realizarase un pequeno avituallamento, logo voltarase cara á Centenaria polo mesmo camiño.Unha vez rematado o paseo realizarase un sorteo de material deportivo e unha bicicleta. Camisetas: Os primeiros 200 inscritos recibirán unha camiseta de regalo. A idade mínima que a organización propón para poder facer o percorrido é de 8 anos. Aqueles rapaces que sexan menores, ou que os seus pais non os vexan con forzas para poder facer o percorrido, poderán participar nun percorrido menor polas rúas ribeirenses.
Recomendacións da organización:
· Intentar levar a bici nas mellores condicións posibles · Ser puntuais · Non adiantar ó coche de cabeza · Non interrumpir nin acelerar a marcha normal do grupo · Non invadir o carril contrario · Non utilizar as beirarrúas como vía · Non entender esta actividade coma unha competición: é un paseo O uso do casco ou capacete é obrigatorio
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario