Ribeira, 25 de maio de 2010. O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira lembra que este venres día 28 de maio será o último día para poder realizar a matrícula necesaria para a realización da proba de acceso a este centro. A devandita proba está aberta a todos os rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos que desexen comezar os seus estudos musicais no 1º Curso de Grao Elemental.
Así mesmo, tamén continúa aberto (e tamén remata o vindeiro día 28 de maio) o prazo de matrícula requirida para aqueles que queiran acceder ao 1º curso de Grao Profesional. Para efectuar esta matrícula non existen limitacións de idade.
Como xa informamos anteriormente, todos os mércores de maio, de 18.35 a 19.25 horas, o Conservatorio está dando cabida a un curso de preparación para o ingreso no Conservatorio, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 10 anos.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario