Os veciños afectados terán que trasladarse ata a casa consistorial do concello de Porto do Son. Os donos das fincas cos números da 1 ata a 37 deberán comparecer vindeiro luns, 12 de xullo, das 10.00 ás 13.00 horas; mentres que o martes, 13 de xullo, no mesmo horario, deberán presentarse os propietarios das fincas que van dende o número 38 ata o final
A previsión da Consellería de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é iniciar as obras no ano 2011 Porto do Son, 20 de xuño de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia o proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada Cee-Ribeira (AC-550) no treito de concentración de accidentes situado entre os puntos quilométricos 98+900 e o 99+800, no termo municipal do Porto do Son. Os vindeiros días 12 e 13 de xullo procederase ao levantamento de actas previas á ocupación. Os veciños afectados por esta actuación terán que trasladarse ata a Casa Consistorial de Porto do Son. Na primeira quenda, (luns, 12 de xullo, das 10,00 ás 13,00 horas) asistirán os titulares das fincas cos números da 1 ata a 37, e ao día seguinte os propietarios das fincas que van dende o número 38 ata o final.

Documentos necesarios
Ao acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome. Deberán presentar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios. A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Rois, Lousame e Brión e no Servizo de Estradas da Coruña (Praza Luís Seoane, s/n 8ª planta, 15071 A Coruña). En cumprimento do artigo 56 da Lei de Expropiación Forzosa, ábrese a información pública durante un prazo de 15 días, a partir de mañá, e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente. A finalidade é que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo de Estradas da Coruña as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola ocupación. Obxectivo das obras
O obxectivo deste proxecto é a realización de obras de construción de beirarrúas e aparcamentos, mellora e reordenación de interseccións e rehabilitación de superficie do firme coa finalidade de mellora de seguridade na estrada AC-550, nun treito próximo ao un quilómetro de lonxitude. Cómpre sinalar que esta actuación realizase baixo a declaración de urxencia, porque o motivo da súa materialización é eliminar un treito de concentración de accidentes, evitando riscos innecesarios para os veciños do Porto do Son, que circulan por esta vía para acceder ás súas vivendas e algúns servizos públicos. De xeito paralelo, a Xunta de Galicia traballa na licitación dunha asistencia técnica para iniciar o proceso de expropiación. A previsión é iniciar as obras no ano 2011.O proxecto
A mellora de seguridade viaria na estrada AC-550 no treito comprendido entre os pk 98+900 e 99+800 consiste esencialmente no acondicionamento da travesía de poboación e a mellora de interseccións para eliminar o treito de concentración de accidentes neste punto da estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia. O orzamento reservado polo departamento que dirixe Agustín Hernández ascende a máis de 921.000 euros. A lonxitude do treito no que se vai a actuar é de 900 metros e ao seu remate esta zona terá unha sección tipo de máis de 10 metros, xa que constará de dous carrís de 3,30 metros cada un, dúas beiravías de 0,50 metros cada unha e dúas beirarrúas de 2 metros cada unidade. Para a materialización destas obras será necesario escavar máis de 2.000 metros cúbicos de terra e empregar 1.500 toneladas de mestura bituminosa en quente. Tamén se executarán os traballos de restauración paisaxística, de drenaxe lonxitudinal e transversal e de sinalización e balizamento. Os preto de 10.000 veciños de Porto do Son veranse afectados por estas obras durante seis meses, mentres que a poboación servida ao remate da actuación será de 37.385 habitantes de Porto do Son e Ribeira. O 4 de febreiro de 2010 publicamos... Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario