Boiro, 4 de agosto de 2010. A tradicional romaría de Neixón ten lugar este domingo 8 de agosto. Comezará o día con alboradas, foguetes de estalos e gaitas. A procesión sairá ás once e media da mañá da igrexa para pasar por Quinteiro e Nine. Ás doce e media comezará a misa cantada na honra da Virxe do Carme e san Xosé. Actuará a coral polifónica do Liceo Marítimo de Rianxo. Logo da misa, gran mexilloada e sardiñada de balde para todos os asistentes. Amenizarán os seguintes grupos de gaitas: Os da Volta do Monte, Aloumiño, Cernade do Castro de Fruíme e Aires do Río Vello. Tamén haberá charangas e bailes tradicionais. Ás dúas da tarde, a sesión vermú contará coa orquestra Abanico. Logo, comida campestre nos arredores dos castros de Neixón. Pola noite, a partires das nove e media, verbena coa orquestra Abanico.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario