O día da entrega do galeón estiveron presentes o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares, o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, e o autor do barco, Santos Sieira Rodríguez, con algúns familiares
Boiro, 2 de agosto de 2010. O vestíbulo do Concello de Boiro acubilla dende hai uns días unha réplica dun galeón tallado en madeira, obra do veciño de Cesar (lugar de Boiro) Santos Sieira Rodríguez, quen obsequiou ao Concello con esta talla na que invertiu seis meses de traballo.
O galeón, bautizado co nome de María Rosa, é réplica dun galeón construído nun asteleiro de Ferrol, cidade á que viaxou este veciño para facerse cos planos do mesmo e poder así reproducilo a escala. Santos Sieira Rodríguez, carpinteiro de profesión aínda que na actualidade xubilado, é afeccionado desde rapaz á talla de barcos de distintas tipoloxías e tamaños, e leva feitos máis de medio cento deles, “aínda que este é o máis grande dos que fixen ata o de agora”, sinalou. Algúns destes buques forman parte dunha colección que posúe na súa casa, a modo de museo, e outros “funos regalando aos amigos”. Agora, acaba de doar ao Concello esta obra, o galeón María Rosa, feito con moito agarimo e bautizado con este nome na honra da súa muller, falecida hai uns meses.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario