Os nadadores galegos participantes nos pasados campionatos de España de Natación en categoría xúnior e absoluto acadaron 20 medallas en BarcelonaRibeira, 2 de agosto de 2010.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe aos 40 nadadores e nadadoras que participaron nos Campionatos de España de Natación que, para as categorías xúnior e absoluto, se disputaron recentemente en Barcelona. Deles, Lete salientou que representan “a mellor xeración de nadadores da historia de Galicia”. Os nadadores galegos que participaron nos campionatos de Barcelona, acadaron 20 medallas, “o mellor resultado da historia da natación galega nun campionato de España”, tal e como resaltou o secretario xeral para o Deporte. Ademais, son unha ducia deles os que participan habitualmente en competicións internacionais coa Selección española. Estes son os 9 nadadores que obtiveron medallas nos campionatos:- Rufino Regueira, CN Riveira
- Yaiza Blanco, CN Riveira
- Iván Brión, CN RIveira
- Judith Lago, CN Riveira
- Beatriz Gómez, CN Galaico
- Beatriz Iglesias, CN Coruña
- Xenia Vilariño, CN Galaico
- Marcos García, CN Ferrol
- Laura Pimentel, Pabellón OrenseJosé Ramón Lete Lasa, que hoxe celebrou xunto aos medallistas o seu triunfo no campionato de España de Natación, amosouse convencido de que “seguramente” algún deles participará nos vindeiros Xogos Olímpicos de Londres. Parabéns, rapaces.
- Yaiza Blanco, CN Riveira
- Iván Brión, CN RIveira
- Judith Lago, CN Riveira
- Beatriz Gómez, CN Galaico
- Beatriz Iglesias, CN Coruña
- Xenia Vilariño, CN Galaico
- Marcos García, CN Ferrol
- Laura Pimentel, Pabellón OrenseJosé Ramón Lete Lasa, que hoxe celebrou xunto aos medallistas o seu triunfo no campionato de España de Natación, amosouse convencido de que “seguramente” algún deles participará nos vindeiros Xogos Olímpicos de Londres. Parabéns, rapaces.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario