8.9.10

Boiro: o presidente da Deputación inaugura as beirarrúas de Amanecida a Beluso o luns 13 de setembro


Boiro, 8 de setembro de 2010. O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asistirá o luns, día 13 de setembro, ás 13.30 horas, ao acto de inauguración da construción de beirarrúas na estrada provincial C.P. 1104, entre Amanecida e Beluso, na parroquia de Bealo (CP 1104 Boiro a Ponte de San Francisco, P.K. 8,4 a 10, 15). O importe da actuación ascendeu a 275.200 euros, que foron aportados pola Deputación da Coruña. 

Á inauguración, que estará presidida polo alcalde, Xosé Deira Triñanes. Están convidadas a corporación municipal, as asociacións veciñais e sociais de Bealo e tódolos veciños que desexen participar. O punto de encontro é o cruce coa estrada que vai á igrexa de Bealo, de onde partirá a comitiva percorrendo as novas beirarrúas ata chegar á Amanecida, lugar no que se celebrarán as intervencións e se servirá un viño ofrecido polos veciños da parroquia.

Igrexa de Bealo

A dotación de beirarrúas a esta zona é unha antiga reivindicación veciñal e permitirá aumentar sensiblemente a seguridade viaria nesta estrada, que rexistra un alto índice de tráfico de vehículos. En total, executáronse uns dous quilómetros de beirarrúa, á parte de acometer a rede de augas pluviais e repoñer os servizos afectados, como o alumeado, a rede eléctrica ou a telefonía.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical