8.9.10

Política: o Psoe acusa ao PP de darse moita présa en suprimir libros de texto gratuítos pero tardar en disolver chiringuitos da administración pararela

Download now or preview on posterous
39773 pnc lage.PDF (97 KB)

O PP rexeitou unha iniciativa socialista para racionalizar a administración paralela antes que remate este ano 2010


Lage di que as fundacións comarcais xa debían estar disoltas

Santiago, 8 de setembro de 2010. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, acusou hoxe ao PP de terse amosado “veloces como o raio para eliminar os libros de texto gratuítos pero lentos como tartarugas para disolver as fundacións comarcais”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposta socialista en Comisión para que a Xunta elimine a administración paralela antes de 2011.

O tamén viceportavoz do Grupo Socialista contrapuxo os recortes executados pola Xunta do PP en educación e sanidade “mentres manteñen os chiringuitos” da administración paralela intactos. Reclamou que “expliquen aos galegos por qué hai moitos menos profesores nas escolas, as listas de espera medran, pechan as camas dos hospitais” e retrasan as valoracións da dependencia mentres a administración paralela “segue igual”.

Tildou a Feijóo de “home anuncio” logo de anunciar a racionalización da administración en novembro de 2009 e en Consello da Xunta de abril de 2010, con un goberno “vivindo dos anuncios pero non dos feitos”. Criticou que o presidente da Xunta ve a Galicia “como estación de paso”, polo que “leva un terzo da lexislatura e non fixo máis que falar dos demais sen dar conta do que fai como goberno”.

O parlamentario socialista reclamou á Xunta que “explique ónde vai recortar para reducir os 1.000 ou 2.000 millóns de euros que desaparecerán dos orzamentos” e dixo que “os socialistas apostamos por reducir o gasto improductivo, suprimir os delegados territoriais, eliminar as fundacións comarcais e preservar o sistema sanitario público e investir na educación pública”.

“Estamos diante dos 30 anos de maior benestar económico e social da historia de Galicia, e Feijóo está comezando a recortar o gasto na sanidade e na educación, materias que deberíamos preservar e mellorar, precisamente recortando “chiringuitos” e organismos prescindibles”.

Proposición non de Lei

Lage reclamou á Xunta que aplique a Lei 12/2008 que modifica a Lei de Desenvolvemento Comarcal para suprimir a totalidade das fundacións comarcais e proceder antes de que finalice o ano 2010 á disolución do resto de organismos e entidades, cumprindo o anuncio do Consello da Xunta de 24 de abril. Tamén propuxo fusionar as 4 xestures provinciais nunha soa e integrar no Igape o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. –BIC Galicia-.

O parlamentario socialista lembrou o anuncio incumprido do conselleiro de Presidencia de aforro de 180.000 euros anuais en alugueiros por pechar 34 fundacións comarcais e outros 274.000 por prescindir das oficinas de outros 5 entes. Dixo que “todo fume, todo propaganda. Non van a aforrar nada, e agora terán que explicar onde está ese aforro seis meses despois de telo anunciado”.

Lage Tuñas recordou que “xa no ano 1992, o conselleiro da Presidencia anunciaba a creación dunha comisión de racionalización da administración institucional. Pois case mellor que non tiveran racionalizado tanto porque 18 anos despois atopámonos cunha administración paralela inmensa, pouco eficiente e moi costosa”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical