Ribeira, 8 de setembro de 2010. A Casa Consistorial ribeirense está sendo obxecto esta semana dunha serie de actuacións de mantemento, que inclúen a reparación do tellado do inmoble, a limpeza de canalóns e a impermeabilización das canaletas destinadas á recollida de pluviais.
As obras teñen un orzamento de 33.350 euros, 25.000 dos cales corresponden a un suplemento de crédito aprobado no pleno do pasado mes de xullo, con cargo ao remanente de tesourería derivado da liquidación dos orzamentos do 2009.
A actuación está sendo executada por Construcciones Mariscal S.L. e durarán arredor dun mes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario