Lousame, 27 de setembro de 2010. Por oitavo ano consecutivo o Concello de Lousame , dentro do Programa de Envellecemento activo, subvencionado pola Deputación Provincial, pon en marcha a actividade Taller de Memoria dirixido a tódalas persoas maiores de 65 anos.
Baixo o lema ¡Activa - mente!, este Taller ten como obxectivo, por unha banda, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, previndo o posible deterioro das capacidades cognitivas, e por outra, promover a interacción entre os que participan, facilitando un punto de encontro semanal para estes veciños/as.
O Taller de Memoria desenvólvese en sesións semanais dende outubro ata xuño, impartidas por monitoras dos Servizos Sociais do Concello. Nestas sesións lévanse a cabo actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo e a linguaxe.
Estas áreas trabállanse mediante dinámicas e exercicios adaptados ao nivel do grupo e tamén ao nivel de cada participante cando é necesario.
O calendario semanal dos grupos do Taller de Memoria é o seguinte:
Local social | Data | Hora |
Tállara | Martes, 5 outubro | 10.00h |
Camboño | Mércores, 6 outubro | 10.30h |
Vilacoba | Martes, 5 outubro | 10.00h |
Lesende | Martes, 5 outubro | 12.00h |
Escabia | Mércores, 6 outubro | 10.00 h |
Aldeagrande | Mércores, 6 outubro | 11.30h |
Cruido | Venres, 8 outubro | 10.00h |
Dende o Concello anímase a tódolos veciños e veciñas maiores de Lousame a participar nesta actividade.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario