Economía e Industria financia a expedición ao “Gran Burato” fronte ás costas Galicia, a uns 250 quilómetros ao oeste da ría de Muros e Noia, en augas españolas.
Noia, 27 de setembro de 2010.- Mentres a confusión entre as diversas administracións segue a reinar no que atinxe á limpeza das 400 hectáreas da Ría de Noia, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo co que a Xunta financiará a exploración xeofísica e xeolóxica da zona do “Gran Burato”, co propósito de establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos. Esta zona xeolóxica está situada, curiosamente, enfronte á Ría de Muros e Noia, a 250 quilómetros cara ao oeste. Aínda que as novas na Universidade de Vigo falan de que está a 140 quilómetros, segundo se pode ler aquí. Estarán xogando ao despiste para que non lle saquen o "tesouro"?
Investigadores Ana Bernabeu, Belén Rubio, Daniel Rey e Federico Vilas, do proxecto Geoma, da Universidade de Vigo
Co apoio da Consellería de Economía e Industria, o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo levará a cabo o proxecto de exploración do maior volcán submarino, producido por unha erupción de gas, dos atopados até o de agora no mundo. O cráter deste “Gran Burato” ten uns tres quilómetros de diámetro e está situado a unha profundidade de entre 2.500 e 2.800 metros. O conselleiro de Economía e Industria destacou que o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo é “o máis apropiado para levar a cabo este proxecto, se temos en conta que liderou a campaña Marbanga, co apoio do Buque Oceanográfico Hespérides” na que se detectou un BSR (bottom-simulating reflector), xeralmente indicativo da presenza de gas, “un achado, que xunto cos datos obtidos da análise preliminar das mostras, pode considerarse como un indicio razoable da posible existencia de hidrocarburos explotables”. Segundo explica a Xunta, Guerra destacou que na Consellería de Economía e Industria, ao igual que na comunidade científica, manteñen a “esperanza fundada de que o Gran Burato podería albergar unha gran bolsa de gas”. Deste xeito, o Goberno galego tense convertido no promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia e coñecida como “O Gran Burato”, achado no 2007 por investigadores de varias institucións científicas españolas, fronte ás costas Galicia, a uns 250 quilómetros ao oeste da ría de Muros e Noia, en augas españolas.
Buque Sarmiento de Gamboa, cuxo nome homenaxea ao aventureiro mariño pontevedrés Javier Guerra asegurou que a Consellería de Economía e Industria financiará o proxecto e contratará por 15 días o Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para poñelo ao dispor do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo durante a exploración do “Gran Burato”, cun orzamento duns 450.000 euros. O propósito desta expedición é establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos, para iso tentarán acadar uns obxectivos básicos que pasan por detectar a presenza de gas por caracterización de atributos sísmicos; caracterizar a natureza dos fluídos presentes nos sedimentos (auga, gases ou hidratos de gas); determinar a extensión espacial e temporal dos eventos de fluxo inferidos, e construír un modelo de evolución xeolóxica, explicativo dos fenómenos asociados coa presenza de gas na zona de estudo. Ademais, os traballos a desenvolver concluirán na emisión dun informe final que conterá a análise de todos os datos solicitados.
Non é a primeira vez que se intenta buscar petróleo en augas da costa galega. Na era Fraga, constituiuse unha empresa pública chamada Gali Oil con ese obxectivo. Resultado: seis millóns de euros de débeda (mil millóns, pois entón só había pesetas) e nada de petróleo. Na época do Bipartito só houbo tímidas declaracións: buscaríase petróleo se Repsol o atopaba en Asturias. Irá desta volta? Ou teremos que seguir colaborando co maior depredador de petróleo do mundo en países como Afganistán para ver se nos toca un pouquiño máis barato? Segundo os expertos, aínda que se atopara gas no "Gran Burato", se este estivese xeado (o máis probable) tardaríase entre dez e vinte anos en desenvolver a tecnoloxía necesaria para extraelo. Por certo, na nota da Xunta non citan -non vaia se-lo demo- que o "Gran Burato" está situado cerquiña de onde repousan os restos do Prestige. De novo curiosidades e casualidades da vida, o Gran Burato foi descuberto mentres se analizaban as consecuencias daquel gran desastre e as consexuencias xeoambientais daquela zona.
Noia, 27 de setembro de 2010.- Mentres a confusión entre as diversas administracións segue a reinar no que atinxe á limpeza das 400 hectáreas da Ría de Noia, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo co que a Xunta financiará a exploración xeofísica e xeolóxica da zona do “Gran Burato”, co propósito de establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos. Esta zona xeolóxica está situada, curiosamente, enfronte á Ría de Muros e Noia, a 250 quilómetros cara ao oeste. Aínda que as novas na Universidade de Vigo falan de que está a 140 quilómetros, segundo se pode ler aquí. Estarán xogando ao despiste para que non lle saquen o "tesouro"?
Investigadores Ana Bernabeu, Belén Rubio, Daniel Rey e Federico Vilas, do proxecto Geoma, da Universidade de Vigo
Co apoio da Consellería de Economía e Industria, o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo levará a cabo o proxecto de exploración do maior volcán submarino, producido por unha erupción de gas, dos atopados até o de agora no mundo. O cráter deste “Gran Burato” ten uns tres quilómetros de diámetro e está situado a unha profundidade de entre 2.500 e 2.800 metros. O conselleiro de Economía e Industria destacou que o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo é “o máis apropiado para levar a cabo este proxecto, se temos en conta que liderou a campaña Marbanga, co apoio do Buque Oceanográfico Hespérides” na que se detectou un BSR (bottom-simulating reflector), xeralmente indicativo da presenza de gas, “un achado, que xunto cos datos obtidos da análise preliminar das mostras, pode considerarse como un indicio razoable da posible existencia de hidrocarburos explotables”. Segundo explica a Xunta, Guerra destacou que na Consellería de Economía e Industria, ao igual que na comunidade científica, manteñen a “esperanza fundada de que o Gran Burato podería albergar unha gran bolsa de gas”. Deste xeito, o Goberno galego tense convertido no promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia e coñecida como “O Gran Burato”, achado no 2007 por investigadores de varias institucións científicas españolas, fronte ás costas Galicia, a uns 250 quilómetros ao oeste da ría de Muros e Noia, en augas españolas.Buque Sarmiento de Gamboa, cuxo nome homenaxea ao aventureiro mariño pontevedrés Javier Guerra asegurou que a Consellería de Economía e Industria financiará o proxecto e contratará por 15 días o Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para poñelo ao dispor do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo durante a exploración do “Gran Burato”, cun orzamento duns 450.000 euros. O propósito desta expedición é establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos, para iso tentarán acadar uns obxectivos básicos que pasan por detectar a presenza de gas por caracterización de atributos sísmicos; caracterizar a natureza dos fluídos presentes nos sedimentos (auga, gases ou hidratos de gas); determinar a extensión espacial e temporal dos eventos de fluxo inferidos, e construír un modelo de evolución xeolóxica, explicativo dos fenómenos asociados coa presenza de gas na zona de estudo. Ademais, os traballos a desenvolver concluirán na emisión dun informe final que conterá a análise de todos os datos solicitados.
Intentos fallidos anteriores
Non é a primeira vez que se intenta buscar petróleo en augas da costa galega. Na era Fraga, constituiuse unha empresa pública chamada Gali Oil con ese obxectivo. Resultado: seis millóns de euros de débeda (mil millóns, pois entón só había pesetas) e nada de petróleo. Na época do Bipartito só houbo tímidas declaracións: buscaríase petróleo se Repsol o atopaba en Asturias. Irá desta volta? Ou teremos que seguir colaborando co maior depredador de petróleo do mundo en países como Afganistán para ver se nos toca un pouquiño máis barato? Segundo os expertos, aínda que se atopara gas no "Gran Burato", se este estivese xeado (o máis probable) tardaríase entre dez e vinte anos en desenvolver a tecnoloxía necesaria para extraelo. Por certo, na nota da Xunta non citan -non vaia se-lo demo- que o "Gran Burato" está situado cerquiña de onde repousan os restos do Prestige. De novo curiosidades e casualidades da vida, o Gran Burato foi descuberto mentres se analizaban as consecuencias daquel gran desastre e as consexuencias xeoambientais daquela zona.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario