Ribeira, 10 de setembro de 2010. O Paseo Marítimo de Coroso, en Ribeira, está sendo obxecto estes días dunha actuación orientada a renovar e mellorar o seu alumeado público. Trátase do cambio de todas as luminarias do itinerario, algunhas das cales estaban rotas ou en mal estado. As novas lámpadas que serán instaladas, un total de 77, están feitas de poliemida reforzada con fibra de vidro, un material totalmente resistente á corrosión. A tornillería é de aceiro inoxidable.
A estes efectos aproveitaranse os pedestais de fundición existentes, que serán reparados e pintados, conseguindo así unha mellora de rendemento, acorde coas directrices da Unión Europea sobre contaminación lumínica e aforro enerxético.
Tamén esta prevista a retirada das luminarias tipo globo da zona abundando no obxectivo de erradicar a contaminación lumínica. O orzamento da actuación ascende a 64.000 euros.
O Concello de Ribeira aproveita esta renovación de lámpadas para facer un chamamento á veciñanza e apela á súa conciencia cívica e ao respecto do equipamento municipal, que é de todos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario