Ribeira, 1 de setembro de 2010. – O Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme e o Concello de Ribeira unen as súas forzar para organizar o vindeiro día 4 de setembro, a partir das 22 horas, no pavillón polideportivo de Sirves o Primeiro Serán de Ribeira.
Para presentar esta actividade participaron no Auditorio os edís de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo, Luciano Fernández e Vicente García, así como a presidenta do Grupo Tahúme, Bea Iglesias, e a vocal deste colectivo Iria Romay.
En palabras de Bea Iglesias, o que se pretende con esta acción é que en Ribeira “volvamos a ter as festas que tiñan as persoas de antano e que rexurdan os bailes tradicionais”: unha idea na que tamén abundou Iria Romay, quen afirmou que esta actuación non quere ser unha actuación de baile tradicional ao uso.
Con tal motivo, está confirmada a presenza neste primeiro Serán de 15 grupos de folclore formados por xente maior procedentes de diferentes zonas de Pontevedra e A Coruña nas que se conservan os bailes tradicionais, como Toutón, A Hermida, Rego do Bargo, Amoedo, Limiñoa ou Tordoia. Tamén van participar diferentes colectivos barbanzanos, como o grupo da Sociedade Hijos de Palmeira e Vai de Roda de Rianxo, entre outros.
A xente que estea interesada en acudir pode facelo apuntándose no teléfono 629 678 844 ou no mesmo día 4 de setembro no posto da organización.
Luciano Fernández destacou a traxectoria do Grupo Tahúme como “un dos grupos máis significativos de Galicia na recuperación de baile tradicional, formado por xente xoven”. Ademais, explicou que nun principio pensarase na praza de España de Santa Uxía para celebración do Serán, pero por circunstancias meteorolóxicas preferiuse non arriscar e desenvolver a actividade no poliderportivo de Sirves. Tamén quixo convidar a toda a cidadanía da comarca a que se animen a participar, ben sexa bailando durante o acontecemento ou mirando o espectáculo. Pola súa banda, Vicente García salientou o importante pulo turístico que supón para o municipio a posta en marcha de accións desta natureza.
Artigo recomendado
A recuperación dos seráns, na web do Consello da Cultura Galega
Relacionadas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario