Non especifican tipo de bicicleta nin indumentaria a levar, de xeito que: vostedes mesmos! Dodro, 1 de setembro de 2010. O vindeiro sábado 11 de setembro vai ter lugar en Dodro unha ruta cultural en bicicleta polo municipio. Vai ser guiada polo profesor de Historia Manolo Lorenzo Baleirón, o cal explicará as características e anécdotas de cada lugar a visitar.
Pazo de Hermida, onde Rosalía viviu un tempo cos seus fillosSairá ás dez da mañá do campo da festa de Laíño e percorrerá a igrexa de San Xián de Laíño, o muíño de vento, a mámoa da Mina, o pazo de Bendaña, igrexa de Dodro, pazo de Lestrobe, pazo de Hermida, brañas de Laíño, augas sulfurosas de Bexo, mámoas de Paradegua, castro de Bexo e petróglifos de Bouza Badín, ata a volta ao punto de partida, no campo da festa laiñés, onde haberá uns petiscos para recobrar forzas.
Igrexa de San Xián de LaíñoOrganiza o colectivo "Orghullo de País". O seu facebook está aquí Relacionadas:
Toponimia: Riveira non existe, e Lestrove menos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario