Boiro, 20 de outubro de 2010. Dentro do plan de desestacionalización turística do Mexillón de Boiro, que está a levar a cabo o Concello de Boiro, inclúese a iniciativa que se vai desenvolver os vindeiros días 24 e 25 de Outubro. O proxecto contará coa participación activa dun grupo de cociñeiros de referencia no panorama nacional como Pedro e Marcos Morán (Casa Gerardo, Prendes, Asturias), Juanjo Pérez (Cocinandos, León), Pepe Solla (Solla, Poio, Pontevedra) ou Xosé T. Cannas (Pepe Vieira Camiño da Serpe, Poio, Pontevedra), todos eles recoñecidos cunha estrela na Guía Michelin,;Antonio Botana (Pandemonium, Cambados. Presidente do Grupo Nove), Nacho Vázquez (La Ereta, Alicante) ou Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove), ademais dun grupo de xornalistas e blogger de publicacións tamén nacionais: El Mundo, Cocina Futuro, Excelente, Diario Expansión, Vanity Fair, Onda Cero, El Correo de Andalucía, http://www.7canibales.com/ Guia Repsol, Diario Información (Alicante), Radio Galega, Punto Radio, Gourmets, http://elcocinerofiel.com, , http://www.thegluttonclub.com, entre outros .
Estela de Rianxo no CAB
Todos eles poderán coñecer in situ todo o relacionado coa produción de mexillón de Boiro, Desde a vertente histórica, cunha visita ao complexo arqueolóxico dos Castros do Neixón ou coa explicación da construción artesanal de bateas ou barcos bateeiros da man dun antigo carpinteiro de ribeira, ata a propia produción e comercialización da materia prima na actualidade. Durante día e medio, tamén coñecerán Boiro e outras zonas de Arousa Norte como enclave turístico de importancia en Galicia e terán ocasión de probar os mexillóns tanto nas tapas ofrecidas por locais do concello como en elaboracións tanto tradicionais como máis actuais, a cargo dos cociñeiros da Casa do Prado (Abanqueiro, Boiro) e do compostelán Abastos 2.0, que prepararán menús específicos para a ocasión.
Esta iniciativa pecharase na última semana de outubro con dúas novas convocatorias. Por unha banda, o ultimo dos Obradoiros Gastronómicos programados neste conxunto de accións e nos que teñen participado os cociñeiros dos restaurantes Acio (Santiago de Compostela, 13 de setembro) e Pepe Vieira Camiño da Serpe (Poio, Pontevedra, 4 de outubro). Este último obradoiro será impartido o luns 25 de outubro ás 19:30 h no Centro Social de Abanqueiro por Anna Mayer, italiana afincada en Sevilla á fronte do proxecto “Pannepanna”, especializado en docencia culinaria, que nos ofrecerá unha perspectiva sobre a cociña tradicional italiana con mexillón. Finalmente, entre o 28 e o 30 de outubro terán lugar o Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro, nas que están convidados a participar tódolos bares, restaurantes e cafeterías do concello.
O Plan de desestacionalización Turística do Mexillón de Boiro, é unha iniciativa da Concellería de Turismo do Concello de Boiro, financiada con Fondos da Unión Europea a través dos Grupos de Acción Costeira. Conta ademais coa colaboración de entidades e empresas locais como a Asociación da Exaltación do Mexillón de Galicia de Cabo de Cruz, Casa do Prado ou Casa da Posta de Valmaior, ademais de Viña Costeira, Chicolino Restauración, María Fechoría ou Empatía Comunicación.
PROGRAMA
DOMINGO 24
Chegada dos invitados e xantar pola súa conta (a cargo de organización) ao longo da mañá. Na visita estarán acompañados polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó.
16:00- Saída en autobús
16:40- Curota
17:45- Centro Arqueolóxico e castro do Neixón
19:00- Saída de Neixón
19:30- Tapa en A Batea de Juan
20:15- Saída cara os aloxamentos
21:30- Cea en A Casa do Prado
Final da xornada
LUNS 25
- 08:30- Saída do aloxamento
- 09:00- Chegada ao porto (Cabo de Cruz) e saída en barco
- 09:45- Chegada a batea
- 11:00- Regreso a porto
- 11:45- Visita carpinteiro de ribeira en Mañóns
- 12:45- Visita estaleiros Triñanes
- 14:30- Comida en Casa do Prado
- 16:30- Final de programa oficial e regreso de visitantes
Posteriormente aqueles que se queden, poderán optar por asistir ao obradoiro de Anna Mayer (19:30h) ou ir ao centro a probar un par de tapas máis.
Páxina web de referencia:
http://mejillondeboiro.wordpress.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario