Boiro, 1 de outubro de 2010. O vindeiro luns, día 4 de outubro, comeza o segundo dos Obradoiros de cociña con Mexillón de Boiro, incluídos no proxecto de Dinamización turística do Mexillón de Boiro, que está a desenvolver a Concellería de Turismo do Concello de Boiro. Ao acto de apertura asistirán o alcalde, Xosé Deira Triñanes, e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, ás sete e media da tarde no salón social do Centro Social de Boiro.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhmd8LpyQGJkoWmY3VzAdxQIYQxC8X9eDyVqa1RoMlDkzvSfwUelR-KGp_2S-BGLrCUK_KQBA7XR_v9oRK_Sn821rM7jeoqtUd-_NlXUt30ZHhJowdiJcR5F_8UAr7gJ2icR5KF-2amnqI/s320/xoanbuena.bmp
O obradoiro contará cunha cata do sumiller Xoán T. Cannas

O obradoiro “O mexillón e a cociña de restaurante” será impartido polo cociñeiro Xosé T.Cannas e estará acompañado dunha cata a cargo de Xoán T. Cannas, ámbolos dous de Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe (Poio, Pontevedra), que na actualidade conta cunha estrela na Guía Michelín e dous Soles na Guía Repsol. Xosé T. Cannas ten o recoñecemento de ser un dos 12 mellores cociñeiros novos de España por Club Millesime. Xoán T. Cannas é premio Nariz de Oro 2004 ao mellor sumiller de España.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario