1.10.10

Pesca: Gardacostas identificou a 41 presuntos furtivos nun operativo especial en Cabo de Cruz, Palmeira e Ribeira

Barbanza-Noia, 1 de outubro de 2010.- Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar identificaron 63 persoas e incautáronse de máis de 1.830 útiles de pesca en varios operativos realizados nos últimos quince días pola costa galega. En concreto, as operacións desenvolvéronse na zona de Ribeira e Coruña e nas rías de Cedeira, Ferrol, Camariñas, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, así como na Mariña lucense. Nestas inspeccións, os axentes aprehendéronse de máis de 3.990 quilos de peixe e marisco.

Operativos especiais
Este xoves pasado, 30 de setembro, un operativo conxunto entre Gardacostas e a Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), na zona de Cabo de Cruz, Palmeira e Ribeira, saldouse coa identificación de 41 persoas, a inspección de 28 vehículos e 11 actas levantadas. Mentres que outra inspección especial na zona de Ferrol, Couto e Neda saldouse coa incautación de 40 aparellos de pesca, o comiso de 132 especies e a identificación de 8 persoas. Entre os útiles aprehendidos atopábanse 13 butróns e varios raños, sachos, caldeiros, salabardos e pranchas de poliespán. Entre as especies comisadas había 120 quilos de ameixa e varios de percebe.

Pola súa banda, na Ría de Muros e Noia comisáronse 8 quilos de polbo de talla antirregulamentaria e na zona de Fisterra, 73,5 quilos de peixe, sobre todo lura, polbo e nécora, 17 nasas de polbo e camarón e 98 cacharros de polbo, que contiñan varios quilos destas especies no seu interior. Unha inspección en Muxía rematou coa aprehensión dunha cacea de 10 nasas de polbo con 15 quilos dentro.

Resultados das inspeccións nas Rías Baixas
Os operativos levados a cabo na zona das Rías Baixas permitiron a aprehensión de máis de 900 aparellos de pesca e o comiso duns 3.200 quilos de peixe e marisco. Así, un operativo na Ría de Arousa o pasado sábado saldouse co comiso de 274 sacos de mexillón, que contiñan no seu interior más de 3.010 quilos da especie. Nesta mesma inspección, Gardacostas fíxose con 20 pezas de miños dun quilómetro de largo que contiñan no seu interior 5 quilos de centola e peixe. A ría de Arousa tamén foi o escenario doutras inspeccións durante as que Gardacostas incautáronse, entre outros aparellos, de 249 nasas, ademais de comisar 30 quilos de polbo e 12 doutras especies.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical