3.10.10

Pesca: este luns 4 de outubro comeza a campaña de libre marisqueo en Cabío

Técnicos da Consellería do Mar e os patróns maiores das 12 confrarías da Ría de Arousa que faenan nestes bancos reuníronse esta semana para organizar diferentes aspectos que atinxen ao traballo conxunto da campaña


A Pobra do Caramiñal, 3 de outubro de 2010.- Mañá comeza a campaña extractiva de libre marisqueo para os mariscadores da ría de Arousa. Técnicos da Consellería do Mar e os patróns maiores das 12 confrarías desta ría que faenan nos bancos de libre marisqueo, como Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, reuníronse esta semana para organizar diferentes aspectos que atinxen ao traballo conxunto da campaña. Entre eles acordouse o período de desenvolvemento da actividade que se prolongará ata o 1 de abril de 2011 e que poderá ser modificado pola dirección xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños trala petición do sector e atendendo aos datos biolóxicos dos bancos e da evolución dos prezos no mercado.

En Cabío e no resto de zonas de libre marisqueo da ría, as cotas máximas son de 5 quilos para as especies de berberecho, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e carneiro; 21 quilos para a ameixa rubia, 6 para a ameixa babosa e 2 quilos para a fina. No que atinxe aos horarios, a actividade extractiva realizarase de luns a xoves en horario de 8:00 a 14:00 horas. Para o labor de extracción están autorizadas como artes de marisqueo dende embarcación os rastros, os raños e as ganchas. A separación mínima entre varillas será de 17 mm.

Outro dos temas principais tratados na xuntanza foi o das cotas máximas de captura. No caso dos Lombos, as cantidades consensuadas entre administración e sector para o berberecho foi de 6 quilos máximo por tripulante, 2 quilos para a ameixa fina, a mesma cantidade para a ameixa babosa e 6 quilos para a ameixa xaponesa. No Bohído, os topes de capturas diarias por tripulante son de 2 quilos para a ameixa fina, tamén esta cantidade para a ameixa xaponesa e 5 quilos para cada unha das especies de ameixa babosa, ameixa bicuda e carneiro.

Permítense rastros, raños e ganchas para faenar, cunha separación mínima entre varillas de 17 milímetros

En canto á vixilancia da zona e dos puntos de control, realizaranse conxuntamemte entre os vixilantes das confrarías da Ría de Arousa coa colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

 TÁBOA TOPES DIARIOS POR TRIPULANTE

Especies
Lombos do Ulla
O Bohído
Cabío
Resto de zonas
Berberecho
6
-
5
5
Ameixa fina
2
2
2
2
Ameixa babosa
2
5
6
6
Ameixa xaponesa
6
2
5
5
Ameixa rubia
-
-
21
21
Ameixa bicuda
-
5
5
5
Carneiro
-
5
5
5


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical