28.10.10

Rianxo: presentan o cancioneiro de Marcial Valladares "Ayes de mi país" este venres 29


A presentación será no auditorio de Rianxo

Rianxo, 28 de outubro de 2010. A asociación cultural Barbantia, en colaboración co Concello de Rianxo, presenta este venres 29
"Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares", de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim, nun acto que terá lugar ás 20:30 horas no auditorio de Rianxo.
Agárdase a presenza dos coordinadores desta publicación, así como o editor, Javier Jurado; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; e mais a concelleira de cultura de Rianxo, Mari Carme Figueira.

José Luís do Pico Orjais é músico tradicional, bibliófilo e mestre. En Certo recomendamos cada pouco artigos do seu excelente blog: http://ilhadeorjais.blogspot.com.

Isabel Rei Sanmartim é tamén música (especialidade guitarra) e profesora. Integrante da Academia da Lingua Portuguesa. Todo o seu curriculum aquí

Se queres mercar "Ayes de mi pais", telo na lonxa virtual Toupa.net, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical