Ribeira, 28 de outubro de 2010. A asociación de veciños de Carreira organizou o pasado venres unha charla multidisciplinar baixo o lema “Os Perigos de Internet”.
A presentación correu a cargo de Manolo Calviño, que destacou a súa faceta como usuario informático e pai de menor en idade escolar.
As ponencias correron a cargo do mestre e pedagogo Alex Pérez , que disertou sobre os perigos desta ferramenta en mans dos menores, así como as medidas que teñen os pais para facer frente a esta situación: diálogo e sensatez.
A psicóloga Rebeca Sevilla plantexou o seu discurso sobre a influencia das redes sociales na formación dos rapaces na idade infantil e adolescencia.
Eduardo Iglesias plasmou a súa visión, como informático, sobre as ferramentas técnicas das que dispoñen os pais para aminorar os perigos aos que se enfrentan os usuarios.
Pola súa parte, a xurista Lorena Vila amosou a súa experiencia en temas relacionados cos delitos que aguilloan con máis frecuencia tanto aos menores como aos usuarios informáticos.
Unhas cincuenta personas abarrotaron a casa de cultura carreirense, onde se celebrou a conferencia organizada polo colectivo que preside Ana Gómez Hermo. Os asistentes manifestaron posteriormente unha opinión unánime sobre a utilidade da charla que viñan de escoitar e animaron á asociación de veciños a continuar con este tipo de actos de divulgación.

Satisfacción pola utilidade deste tipo de actividades
Unhas cincuenta personas abarrotaron a casa de cultura carreirense, onde se celebrou a conferencia organizada polo colectivo que preside Ana Gómez Hermo. Os asistentes manifestaron posteriormente unha opinión unánime sobre a utilidade da charla que viñan de escoitar e animaron á asociación de veciños a continuar con este tipo de actos de divulgación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario