Segundo a Xunta, "o goberno bipartito iniciou a tramitación do proxecto sectorial de 8 parques empresariais e realizou o estudo de viabilidade doutro, que inclúen no seu ámbito máis de 3,4 millóns de m2 de solo rústico protexido". A prohibición de implantar parques empresariais en solo protexido parte dunha Lei aprobada polo anterior goberno que, a pesar da mesma, continuou tramitando os proxectos sectoriais e mercando solo. Algúns parques empresariais iniciados polo anterior goberno, coma o do Barbanza, emprázanse por completo en solo rústico protexido
Barbanza, 26 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia acaba de informar de que dará seguridade xurídica e asegurará a viabilidade dalgúns dos parques empresariais que se atopan en tramitación, a través das modificacións da Lei de Ordenación do Territorio e da Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural, introducidas na Lei de Acompañamento dos Presupostos, xa que doutra maneira impediríase avanzar na dotación de solo empresarial no conxunto do país, cando se trata dun investimento estratéxico. Actualmente, encóntranse en tramitación oito proxectos sectoriais doutros tantos parques empresariais en cuxo ámbito se atopa solo rústico protexido. Nos oito casos, a tramitación dos correspondentes proxectos sectoriais foi iniciado polo anterior goberno da Xunta de Galicia, a través da antiga Consellería de Vivenda e Solo que dirixía Teresa Táboas. Ademais dos oito parques cuxos proxectos sectoriais se atopan en tramitación, existe outro para o que o anterior goberno redactou un estudo de viabilidade e que tamén inclúe solo rústico protexido no seu ámbito. En total, estes 8 parques empresariais inclúen no seu ámbito máis de 3,4 millóns de m2 de solo rústico protexido, o que supón máis do 41 % da superficie total conxunta. Nalgúns casos, como sucede co parque empresarial do Barbanza, emprazado nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, a totalidade da súa superficie está calificada como solo rústico de protección forestal e de protección de augas.
Os parques empresariais cuxo proxecto sectorial iniciou o goberno bipartito con solo rústico protexido no seu ámbito son os do Barbanza, plataforma loxística de Mandiá (Ferrol), Campus Industrial de Paderne de Allariz, Taboadela, A Gudiña, ampliación de Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa), A Arroufana (Mos) e Bueu-Cangas. Á lista únese o parque empresarial de Lavacolla (Santiago de Compostela), para o que o goberno do Psoe e o Bng realizou un estudo de viabilidade. Cabe salientar que a prohibición de desenvolver parques empresariais en solo rústico protexido foi introducida pola Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, elaborada e aprobada polo goberno bipartito que, malia introducir nela as medidas que limitaban os usos do solo rústico protexido continuou tramitando os proxectos sectoriais e mercando solo para eses parques empresariais malia non ter aprobados os devanditos proxectos. Neste senso son moi significativas as actuacións nos parques empresariais de Taboadela e Paderne de Allariz. No primeiro deles, con preto do 45 por cento de solo rústico protexido, o goberno bipartito mercou máis dun millón de metros cadrados de solo (preto do 87 % do total do ámbito), mentres no de Paderne de Allariz, coa case un 13 % de solo rústico, mercaron máis de 900.000 m2 (máis do 80 por cento do total do ámbito). O custe de dito solo superou os 18,5 millóns de euros. A modificación da normativa establece que so se poderán desenvolver, afectando a solo rústico protexido, parques empresariais e outras infraestruturas, dotacións e instalacións nas que concorra unha causa de utilizade pública ou interese social que sexa prevalente a calquera outra preexistente. A súa aplicación será de forma excepcional e unicamente cando o interese social da actuación a desenvolver o xustifique plenamente. As garantías de protección mantéñense, xa que será necesario o informe favorable do organismo que ostente a competencia sectorial por razón do valor a protexer.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario