A parlamentaria Ana Pontón propuxo a creación dunha empresa pública que xestione a planta coa que se garantan os postos de traballo
Lousame, 10 novembro de 2010.- . A deputada do BNG, Ana Pontón, formulou hoxe en sesión plenaria, unha pregunta sobre as accións que levará adiante a Xunta ante a situación da Planta de Tratamento de Residuos da Mancomunidade do Barbanza, destinadas a garantir a súa viabilidade e os postos de traballo. Ana Pontón lembrou que esta planta atende a 9 concellos e máis de 85.000 persoas representando un modelo de xestión de residuos “excelente” que ten demostrado ser máis barato que outras opcións, nomeadamente Sogama, e que funciona con total normalidade. Neste sentido, a deputada nacionalista cualifica de case “temerario” o desleixo que está a amosar até o de agora o goberno da Xunta, toda vez que a situación de Sogama, no que atinxe á súa capacidade, fai supoñer que non podería asumir os residuos desta zona en caso de pechar a Planta do Barbanza.
Para Ana Pontón, a intervención da Xunta pasa por garantir, a través do convenio que está negociando con Ecoembes, que esta empresa manteña as condicións de recollida dos materiais que ten na actualidade coa planta de Lousame e tamén por realizar as xestións oportunas para facilitar a amortización da débeda que varios concellos da comarca manteñen coa mancomunidade, pois foron os impagos destes concellos os que provocaron que a empresa que xestiona a planta solicitara a rescisión do contrato por incumprimento.
A parlamentar propuxo igualmente que se inicien conversacións coa Mancomunidade a fin de constituír unha empresa pública que xestione a Planta de Lousame por seren un referente na reciclaxe, non só para Galiza senón tamén para o resto do estado. En resposta á parlamentaria nacionalista, o conselleiro de Medio Ambiente asegurou que a Xunta está negociando un novo marco con Ecoembes pero o obstáculo segue sendo a falta de pagamento pola cota de tratamento dos residuos sólidos de varios concellos integrantes da mancomunidade e a Xunta está a apoiar á mancomunidade para resolver os problemas da planta de Lousame para que no futuro poida acollerse ao plan de xestión de residuos 2010-2011.
Para a deputada do BNG, a Xunta segue “escapando deste problema” porque é responsable de garantir os obxectivos do plan de residuos de Galiza” e considerou que o Goberno galego non responde a quen lle dará a razón na negociación, se a Ecoembes ou a Mancomunidade porque iso afirmou ,”condicionará o futuro da planta”. Pontón concluíu a súa intervención aludindo a un terceiro problema que na súa opinión “non é menor”, xa que a Xunta de Galiza conta cun plan de residuos que, na súa opinión, é “errático” e criticou que non sexa destinado, “ni un só euro público” para a ampliación da planta de Lousame. A parlamentaria nacionalista reiterou a necesidade de ir cara unha xestión pública porque por parte da Mancomunidade tamén existe esta disposición.

Ecoembes debe manter as condicións de recollida de residuos
Para Ana Pontón, a intervención da Xunta pasa por garantir, a través do convenio que está negociando con Ecoembes, que esta empresa manteña as condicións de recollida dos materiais que ten na actualidade coa planta de Lousame e tamén por realizar as xestións oportunas para facilitar a amortización da débeda que varios concellos da comarca manteñen coa mancomunidade, pois foron os impagos destes concellos os que provocaron que a empresa que xestiona a planta solicitara a rescisión do contrato por incumprimento.
Xestión pública
A parlamentar propuxo igualmente que se inicien conversacións coa Mancomunidade a fin de constituír unha empresa pública que xestione a Planta de Lousame por seren un referente na reciclaxe, non só para Galiza senón tamén para o resto do estado. En resposta á parlamentaria nacionalista, o conselleiro de Medio Ambiente asegurou que a Xunta está negociando un novo marco con Ecoembes pero o obstáculo segue sendo a falta de pagamento pola cota de tratamento dos residuos sólidos de varios concellos integrantes da mancomunidade e a Xunta está a apoiar á mancomunidade para resolver os problemas da planta de Lousame para que no futuro poida acollerse ao plan de xestión de residuos 2010-2011.
A Xunta segue sen responsabilizarse
Para a deputada do BNG, a Xunta segue “escapando deste problema” porque é responsable de garantir os obxectivos do plan de residuos de Galiza” e considerou que o Goberno galego non responde a quen lle dará a razón na negociación, se a Ecoembes ou a Mancomunidade porque iso afirmou ,”condicionará o futuro da planta”. Pontón concluíu a súa intervención aludindo a un terceiro problema que na súa opinión “non é menor”, xa que a Xunta de Galiza conta cun plan de residuos que, na súa opinión, é “errático” e criticou que non sexa destinado, “ni un só euro público” para a ampliación da planta de Lousame. A parlamentaria nacionalista reiterou a necesidade de ir cara unha xestión pública porque por parte da Mancomunidade tamén existe esta disposición.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario