Lousame, 10 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou hoxe no Parlamento que a Planta de tratamento de residuos de Lousame, xestionada pola Mancomunidade da Serra do Barbanza, constitúe "unha importante peza para a consecución dos obxectivos de incremento da valorización e redución da eliminación en vertedoiro sinalados polo novo Plan de Residuos de Galicia". A este respecto, destacou que a Xunta de Galicia inclúe no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2010 a necesidade de xestionar 'in situ' determinados residuos a través do tratamento en plantas locais ou comarcais. Neste contexto, sinalou que a Xunta asumiu unha posición de colaboración activa coa Mancomunidade da Serra do Barbanza e está a desenvolver diversas iniciativas destinadas ao mantemento e potenciación da planta de Lousame, considerando que a mesma está a funcionar con bos resultados e que as dificultades que a instalación vén experimentando derivan de causas alleas ao modelo de xestión asumido pola entidade supramunicipal.
Polo que respecta á controversia xurdida entre a concesionaria da planta e a entidade Ecoembes, sinalou que a Xunta está a realizar unha labor de mediación co fin de fomentar o logro dunha solución consensuada que poña fin á diferenza de criterio que ambas partes manteñen en relación coa pretensión do devandito sistema integrado de xestión de reducir os pagamento dos custes de tratamento de determinados residuos plásticos xestionados na planta de Lousame. Ese labor de mediación que está a levar o Goberno galego ten conseguido que Ecoembes desistise de aplicar unilateralmente o seu criterio de forma inmediata, evitando así unha importante perda de ingresos para a instalación. Asegurou que a problemática xurdida en torno a este asunto está moi presente na formulación do novo convenio marco que a Xunta está a negociar con Ecoembes. Lembrou que o principal obstáculo para a viabilidade da planta de Lousame vén constituído pola falta de pagamento das cotas correspondentes ao tratamento de residuos por parte de varios concellos integrantes da Mancomunidade. Esta falta de pagamento ocasionou que o ente supramunicipal incorrese nunha importante débeda coa empresa concesionaria da planta de residuos, motivo polo que a dita empresa instou a resolución do contrato de xestión do servizo en xullo do presente ano.
Por solicitude da propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia xa viña retendo fondos correspondentes aos concellos debedores desde mediados deste ano 2010, de conformidade co previsto pola Lei galega de Administración local, transferíndoos directamente á entidade supramunicipal a fin de que esta puidese ir afrontando os pagamentos pendentes. En definitiva, insistiu en que a Xunta de Galicia está a prestarlle un apoio decidido e eficaz á Mancomunidade para a resolución dos problemas concretos que afectan á planta de Lousame.
Mediación con Ecoembes

Almacén de explosivos
O conselleiro tamén fixo referencia, para ilustrar o apoio da Xunta á planta, a achega de 100.000 euros instrumentalizada a través dun convenio subscrito coa Mancomunidade, co fin de financiar a adquisición dos terreos ocupados polo almacén de explosivos lindeiro coa instalación, como paso necesario para o traslado dese polvorín a un novo emprazamento. Esta medida, ademais de ofrecer a posibilidade de ampliar as instalacións de tratamento de residuos, permite evitar a execución da sentenza que ordenaba o seu peche a causa da proximidade dunha actividade de especial perigosidade, como é un polvorín, o que ata datas recentes constituía o risco máis inminente que pendía sobre a viabilidade da planta. Rematou asegurando que ante a situación actual da planta "non imos regatear esforzos para tratar de manter e potenciar estas instalacións ambientais, porque entendemos que representan un dos modelos a promover na estratéxica ambiental do actual Goberno, tal e como se recolle no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia para a vindeira década". Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario