O concello de Ames celebrará este xoves un pleno extraordinario para tratar o asunto
Lousame, 17 de novembro de 2010. Os traballadores e traballadoras da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame, continúan a folga de recollida de lixo iniciada o pasado sábado día 13 nos concellos de Ames e Carnota. Neste concello, a corporación votou en contra da moción proposta polo Comité de Empresa. Unha moción coa se pretendía que todos os concellos da Mancomunidade asumiran un compromiso firme co modelo de xestión de RSU do Barbanza e o pago das cantidades adebedadas. No caso de Ames, o seu alcalde, o socialista Carlos Fernández, impediu que a moción fose debatida polo pleno e trasladou o punto a un pleno posterior que se celebrará, previsibelmente este xoves 18. Na noite do luns, os servizos mínimos recolleron parte do lixo acumulado nas rúas, operación que se repetirá o xoves.
O detonante da convocatoria de folga é o perigo de peche que se cerne sobre a planta, xestionada por FCC, logo de que a multinacional anunciara, xa finais de xullo, a súa intención de resolver o contrato por impago da Mancomunidade. Unha débeda que se achega a 2.700.000 € e da que son responsábeis, na súa maioría os concellos de Ames, Carnota e Noia. Tras numerosas mobilizacións, os traballadores a través do Comité de Empresa propuxeron ás corporacións municipais dos concellos da Mancomunidade unha moción na que se pedía a asunción do compromiso coa planta, garantindo que os concellos non optarían por un modelo diferente de xestión de RSU; o apoio ás iniciativas e plans aprobados no seo da Mancomunidade encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída con FCC; que os orzamentos de cada Concello para o ano 2011 preveran o pagamento mensual do canon do lixo (co obxecto de non xerar unha nova débeda) e que se demandara da Xunta de Galiza que esta realizara as actuacións necesarias para demandar da Xunta de Galicia a súa implicación para resolver favorablemente o conflito existente coa recicladora ECOEMBES. Todos os concellos, incluído o de Noia, que figura entre os máis endebedados, aprobaron a moción, agás os de Carnota e Ames. Neste último e por iniciativa do grupo do goberno socialista liderado por Carlos Fernández, non se puido debater a moción ao prolongarse o pleno, segundo afirman os traballadores/as, a mantenta, para evitar que saíra adiante a proposta feita polo Comité de Empresa ou outra en termos similares. Esta situación é o perigo de peche da planta, coa consecuente perda de postos de traballo provocou o inicio da folga que neste intre está en marcha. Os ingresos da planta dependen: nun 60% da Mancomunidade, nun 40% dos recuperadores (ECOEMBES, ECOVIDRIO, etc.) e ademais, o 40% que se factura aos recuperadores depende do mercado e dos convenios autonómicos (de feito, o máis importante deles, o de ECOEMBES, estase a negociar entre dito organismo e a Xunta; ECOEMBES intenta levalo á baixa). Por iso, explican dende a CIG, "é fundamental solucionar a débeda pendente dos concellos e por iso iniciaron as mobilizacións e convocaron agora, en Ames e Carnota esta folga. Entenden que cada administración debe asumir as súas responsabilidades, para evitar a desaparición dun sistema de tratamento de RSU excelente, e para que se garanta a continuidade de 150 postos de traballo directos". Vía

Antecedentes

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario