30.11.10

Micoloxía: Refungando repetirá para o ano a experiencia dos "Luns refungueiros" en Ribeira

Ribeira, 30 de novembro de 2010. Onte, luns 29 de novembro, remataron os primeiros Luns Refungueiros, organizados pola asociación micolóxica local "Refungando". Preguntámoslle a Xesús Parada, un dos seus responsables, como foi esta primeira experiencia e asegurounos que están satisfeitos, pois "conseguimos o obxetivo de achegar os cogomelos á xente interesada e solucionarlles (ou crearlles, según, algúns veñen con conceptos e ideas eróneas) as dúbidas que puidemos. Segundo o lunes, fomos máis ou menos visitados, pero o certo é que nunca estivemos sós
nin faltaron cogomelos cos que entreterse".
Os fungos máis habituais que lles levaron para recoñecer foron os da familia boletaceae, que inclúe o xénero boletus. A especie máis frecuente foi o Boletus edulis "con diferencia", explica. Entre os máis estranos houbo varios, pero "creo que se hai que coller un nos quedaríamos cun enorme exemplar de Inonotus hispidus chegado directo da alameda da Pobra do Caramiñal (a imaxe que ilustra esta nova).

En canto a se a xente viña cos deberes feitos, en plan non arrancar, senón cortar e
demais, Parada explícanos que "máis ou menos... Moitos traían os cogomelos cortados, ignorando a cantidade de información que perdemos ao carecer da base ou pé". "Cando levemos a identificar un cogomelo, farémolo se é posible enteiro", volve recordarnos este infatigable micólogo.

Confesa tamén que os obsequiaron con algúns cogomelos dos que foron recoñecer "pero case sempre se cedeu a xente que nos visitaba e nunca os probara". Ante este éxito, non dubida en asegurar que van voltar repetir a experiencia en 2011. "Á parte da labor divulgativa da experiencia, varios novos socios se nos uniron a raíz desta iniciativa. Así que repetiremos".

O presidente de Refungando di que "aínda queda temporada. Coa chegada do frío deixan de aparecer especies como os boletus, e chegan outras como a Lepista nuda, os Cantharellus tubaeformis e lutescens, o Hydnum repandum, especies que gustan de
tempo máis frío. Mentres haxa humidade e unha boa temperatura, haberá  especies todo o ano. Eso si, a tempada gorda xa pasou".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical