A Pobra do Caramiñal, 30 de novembro de 2010. Onte, luns 29 de novembro, a presidenta da asociación Madoan, María José Rivadulla, clausurou as Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías que se celebraron dende o xoves 25 de novembro en colaboración cunha empresa informática da localidade.
As Xornadas están cofinanciadas con fondos europeos Feder, polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio no ámbito do Plan Avanza, así como pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Estas Xornadas reuniron a empresarios e traballadores da bisbarra que querían coñecer cómo podían relacionarse cos equipos informáticos con total confianza e seguridade, dende elementos de conexión a Internet como o módem ou router ata a realización de compras on-line utilizando calquera dos medios de pago dispoñibles.
Durante a realización das xornadas púidose observar unha necesidade neste campo, pero non só enfocado á protección das empresas, senón tamén á dos usuarios en xeral, posto que Internet é un medio co que se trata diariamente que avanza a unhas velocidades non coñecidas en ningún outro medio de información e interactividade, que precisa dunha actualización constante sobre todo, en materia de seguridade, explicaron os responsables destas xornadas.
A Asociación Madoan e El Muelle Informática acordaron a celebración dunhas novas Xornadas de Seguridade Informática abertas ó público en colaboración coas distintas asociacións de empresarios que estén dispostos a participar da súa realización, durante o primeiro trimestre do ano 2011, previsiblemente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario