30.11.10

Ribeira: Amicos inaugurou a mostra "IntegraEscola" para sensibilizar aos máis pequenos sobre a vida dos discapacitados


Ribeira, 30 de novembro de 2010. Hoxe ás 12:30 horas a asociación Amicos de Ribeira presentou a exposición IntegraEscola,  que ten como finalidade concienciar á poboación mais nova sobre o mundo da discapacidade e a súa integración social. Está previsto que máis de 500 escolares do Concello de Ribeira visiten a exposición.
A mostra está inserida nas actividades de conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra este vindeiro venres 3 de decembro.
 
EN QUE CONSISTE O PROXECTO

O proxecto de actividades de promoción e difusión dos novos avances  tecnolóxicos aplicadas a integración e rehabilitación de persoas con discapacidade para o ano 2010 está enfocado á poboación mais nova e conleva unha serie de exposicións e talleres co obxectivo de conseguir que a poboación mais nova da comarca do Barbanza coñeza os avances e as liñas de investigación das novas tecnoloxias aplicadas a normalización das persoas con discapacidade.

O presente pretende dar a coñecer os numerosos avances e apoios existentes para as persoas con discapacidade, e como estes apoios transforman e facilitan a vida das persoas con discapacidade transformándoas en persoas capaces. Así  mesmo pretendese facer visibles a aquelas persoas con discapacidade, aproveitando a coincidencia do día mundial das persoas con discapacidade (3 de decembro). O proxecto inclúe dúas exposicións paralelas e un obradoiro de integración.
 
O elemento máis importante do proxecto é o taller-obradoiro de integración, xa que nel potenciarase o cambio de visión dos nenos cara as persoas con discapacidade. Este taller consistirá nun xogo do rol onde os participantes se poñen na pel dunha persoa con discapacidade e ven as dificultades de desenvolverse con normalidade na vida diaria sen os novos apoios tecnolóxicos, e como cun mínimo de apoios e seguimento poden desenvolver unha vida plena. As exposicións consistirán na mostra de elementos de novas tecnoloxías e apoios mais usuais que as persoas con discapacidade, fomentando a idea e necesidade de investigar e descubrir novos apoios para as persoas con discapacidade.
 
A segunda exposición mostrará as capacidades que teñen as persoas con discapacidade da Asociación AMICOS e como con un mínimo de apoios poden desenrolar unha vida normalizada. Será  o exemplo practico da teoría aprendida.

OBXECTIVOS QUE SE PERSEGUEN


O proxecto de difusión e promoción de persoas con discapacidade  para o ano 2010, pretende ser un proxecto integrador e potenciador das persoas con discapacidade. O presente proxecto xustifícase no gran descoñecemento que existe do mundo da discapacidade e o descoñecemento das innovacións e melloras tecnolóxicas que se produciron neste campo nos últimos anos e que facilitan que as persoas con discapacidade podan desenrolar unha vida mais normalizada
 
O inicio deste proxecto, parte da importancia de facer que a integración activa e a promoción das persoas con discapacidade entre a poboación mais nova sexa unha constante e leven a conseguir que estes futuros pais acepten con normalidade e sen discriminación as persoas con discapacidade.
 
O obxectivo final é propoñer un cambio de visión nas persoas con discapacidade, potenciando as súas capacidades fronte as súas discapacidades, mostrando os avances e melloras técnicas producidas nos últimos anos gracias a investigación tecnolóxica a innovación e o desenrolo.  O obxectivo global é incidir e potenciar o cambio da visión da poboación mais nova cara o colectivo de persoas con discapacidade e remarcar a importancia da súa normalización.

Os obxectivos que se perseguen son moi ambiciosos, xa que se pretende que os mais novos sexan conscientes da discriminación que sufre este colectivo e como con un mínimo de apoios poden realizar unha vida normalizada. Aínda que unha análise superficial deste obxectivo pareza moi sinxelo, se profundizamos un pouco máis pódese ver a importancia desta acción.

A súa sinxeleza agocha un fondo moi importante e de vital importancia no desenrolo social das persoas con discapacidade así como das organizacións que os respaldan e promoven a súa normalización.
 

RELEVANCIA, INTERESE, OPORTUNIDADE E ORIXINALIDADE

 
As actividades que se van a realizar céntranse fundamentalmente na base de dar a coñecer a poboación mais nova todo o contorno das novas tecnicas e apliacións tecnoloxicas que facilitan a vida das persoas con discapcidade reforzar e potenciar na poboación mais nova un cambio de imaxe das persoas con dis – capacidades. Preténdese que os grupos de mozos cos que se traballe nos talleres, cambien “o chip” e a visión do mundo das persoas con discapacidade.

Neles destacarase a idea que tódalas persoas somos CAPACES e que a nosa capacidade versa na existencia de apoios e recursos que nos permitan desenrolar unha vida normalizada.  O traballo nesta área é fundamental para conseguir a NORMALIZACIÓN das persoas con discapacidade e facilitar a súa vida diaria.

Destacarase a importancia de investigar e descubrir novos apoios para as persoas con discapacidade así como de colaborar como voluntarios e apoiar as entidades que traballan defendendo a estas persoas.  A relevancia e interese da proposta fundaméntase a partir da experiencia do ano 2008 no que participaron 6000 mozos en idade escolar.  Este abano de cobertura e a duración de 2 meses do programa fan que a relevancia do proxecto sexa importante e a súa viabilidade elevada.

IMPLICACION DO PÚBLICO E IMPACTO PREVISIBLE

 
O impacto e difusión da proposta é moi elevado xa que se pretende que os talleres e exposición cheguen arredor de 6.000 rapaces de Primaria e Secundaria  das comarcas do Barbanza, Noia , Sar e Santiago, cubrindo 4 Concellos, 2 Comarcas nun abanico moi grande de poboación e zona de influencia. Paralelo a isto desenrolarase unha campaña publicitaria importante con difusión de carteleira e trípticos informativos e noticias de televisión, prensa e radio locais e autonómicos coa finalidade de conseguir unha maior difusión das actividades.

Farase moito fincapé en difusión en medios electrónicos e prensa electrónica.

PLAN DE DIFUSIÓN

      A entidade realizará unha campaña de presentación aos medios do proxecto en cada concello que percorra.

      Procurarase a presencia de autoridades representativas nos mesmos, co obxectivo de conseguir unha maior difusión das actividades.

      Editarase material promocional e distribuirase o mesmo para conseguir unha maior difusión das actividades.

      Así mesmo farase unha distribución importante de carteleira e trípticos informativos en cada area de influencia da exposición.

      Fomentarase que os medios de comunicación insiran noticias sobre a exposición de maneira prolongada (escribindo artigos relacionados, intervindo en programas de radio e televisión locais, etc)

ORIENTACION A TODOLOS PÚBLICOS


Tal e como se observa na proposta, a exposición e talleres estarán abertas a tódolos públicos, facendo especial fincapé  no público non especializado cientificamente, como son os rapaces en etapa escolar (primaria e secundaria).

Así  os horarios da exposición serán amplos e fora do horario laboral para que podan asistir o maior número de xente posible e  o lugar elixido para colocalo serán casa da cultura, auditorios e lugares nos que poida estar aberta a tódolos públicos.
 
Esto permitirá  unha orientación a tódolos públicos e a amplitude de horarios fora do horario laboral, permitira que participen tanto nenos como adultos.
 

CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES

A duración da exposición será dunha semana (do 29 de Novembro o 3 de Decembro).  O horario de apertura o público da exposición será de 9:00 h a 14:30 horas. 

As actividades a realizar divídense en tres partes diferenciadas:
 
   1. AREA DE EXPOSICIÓN DE AVANCES TECNOLÓXICOS E APOIOS BÁSICOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

   2. TALLERES – OBRADOIRO DE INTEGRACIÓN
 
   3. AREA DE EXPOSICIÓN DE EXEMPLOS PRÁCTICOS DE APOIOS.

A proposta consiste en crear unha exposición itinerante, na que se recollan os últimos elementos tecnolóxicos que facilitan a vida das persoas con discapacidade (discapacidade auditiva, mobilidade reducida, discapacidade visual) e que percorra os principais concellos da nosa zona de influencia (Barbanza, Noia e Sar)

 ACOMPAÑARASE O ANTERIOR CON UN EXEMPLO PRACTICO: AS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN AMICOS E COMO CON UN MINIMO DE APOIOS AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE TRANSFORMANSE EN PERSOAS CAPACES QUE DESENROLAN UNHA VIDA PLENA.
 
O OBXECTIVO E CONCIENCIAR E MOTIVAR A POBOACION MAS NOVA, PARA CONSEGUIR A INTEGRACION E INCLUSION SOCIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE O MESMO TEMPO QUE SE POTENCIA E SE DESTACA O PAPEL DA CIENCIA COMO IMPULSORA DE CAMBIOS, CREANDO UNHA MOTIVACION POR INVESTIGAR E DESCUBRIR NOVOS AVANCES E APOIOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE DOS NOSOS FUTUTROS CIENTIFICOS.

      AREA DE EXPOSICIÓN DE AVANCES TECNOLÓXICOS E APOIOS BÁSICOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
 
      Esta exposición recolle os últimos avances e apoios tecnolóxicos para as persoas con discapacidade así como a explicación dos mesmos.

      O obxectivo desta exposición é remarcar a importancia de investigar e innovar pensando nas persoas con discapacidade e facer fincapé na necesidade de que os futuros investigadores axuden a descubrir novos apoios para persoas con discapacidades.

     Ao mesmo tempo foméntase nos máis novos (futuros cidadáns) a importancia de ver a tódalas persoas como capaces, evitando así os clichés discriminativos. 

      TALLERES – OBRADOIRO DE INTEGRACIÓN

Estes talleres – obradoiros consisten en xogos de rol consistentes en  poñerse na pel dunha persoa con discapacidade e intentar desenrolar unha vida normalizada sen apoios e sen concienciación social e facer o mesmo pero con apoios e nunha situación normalizada.
 
AO MESMO TEMPO MÓSTRASE AS DIFICULTADES QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE SE ENCONTRAN NA SUA VIDA DIARIA, E QUE CUNS MINIMOS DE APOIOS TECNOLOXICOS E DE ELIMINACION DE BARREIRAS ( ARQUITECTONICAS, PSICOLOXICAS, ADAPTATIVAS, FUNCIONAIS ) PODEN DESENROLAR UNHA VIDA PLENA. A ela  asistirán os rapaces e mozos de colexios e institutos da zona.  Elixiuse esta fórmula porque isto garantiza unha maior difusión e asitencia a mesma por parte dos distintos colexios e institutos.

      AREA DE EXPOSICIÓN DE EXEMPLOS PRÁCTICOS DE APOIOS

      Nesta area porase un exemplo práctico de como as persoas con discapacidade intelectuais son capaces e poden desenrolar unha vida plena con un mínimos de apoios. Mostrarase o traballo da Asociación AMICOS e os apoios que esta entidade presta as persoas con discapacidade e como con estes apoios desenrolan e realizan moitisimas actividades semilaborais.
      O obxectivo desta exposición e ver un exemplo practico e real da teoría exposta nos talleres e remarcarase a necesidade de colaborar, apoiar e participar como voluntario ou colaborador cas entidades que traballan en defensa das persoas con discapacidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical