Rianxo, 8 de novembro de 2010. O próximo venres, 12 de novembro, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ás 20.00 horas a actuación dos regueifeiros Josiño da Teixeira e Pinto de Herbón. A actuación enmárcase dentro do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo. Para máis información poden consultar a web www.regueifa.org
Ou se queren ver a Pinto de Herbón en acción (de parella con Caruncho, neste caso):
Ou a Josiño da Teixeira (con Benito Lobariñas):
Sábado 13, "A vida de Rosa. Día tras día"
No Auditorio de Rianxo o próximo sábado, día 13 de novembro, ás 20.30 h representarase a obra "A vida de Rosa. Día tras día" a cargo da compañía de teatro profesional Mariclown.
Esta é a historia de Rosa, ben, non exactamente. Digamos que é a historia de todas as Rosas, ou cando menos de dúas Rosas que somos todas as demáis. E decir que Rosas somos todas, aínda que non nos chamemos Rosa. Ouseña que esta é a historia de dúas Rosas distintas e unha soia Rosa verdadeira…Así comenza este espectáculo, creado por mulleres que queremos rir de nós mesmas…
E rimos moito, das actitudes individuais e sociais dun modo sarcástico e constructivo.
”Día tras Día” é a historia de calquera muller que se ve forzada a vivir según os canones sociais marcados: a familia, o traballo, a casa… cargas pesadas de levar, e por riba diso ¡temos que ser socialmente correctas!.Elenco:
- Sabela Amado Rojo como Rosa.
- Kes como Rosa.
Voces en Off: Lino Braxe e Marta Villar.
Técnic@ Son e Iluminación: Narsés Mira García, Carmen Glez. Santos.
Creación e Dirección: Mariclown.
Textos: Mariclown, Lino Braxe e Marta Villar.
Maquillaxe: Mariclown.
Escenografía: Mariclown e Viruta.
Deseño de Luces: Antón Arias Marsal.
Montaxe de Audío: Ezequiel Orol.
Deseño Cartelería: Ideiagráfica.
Producción: Mariclown.
Para máis información poden consultar o blog da compañía de teatro.
Domingo 14, concerto de Santa Icía
O domingo 14 de novembro, ás 20.00 h, terá lugar no auditorio de Rianxo un concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo para conmemorar o día de Santa Icía (en castelán Cecilia) que é a patroa dos músicos/as.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario