No tramo entre a praza da Concordia e a rotonda de Padín
Haberá obras de pavimentación e renovación de servizosRibeira, 17 de xaneiro de 2011.- O Concello informa do inicio das obras de pavimentación e renovación de servizos da rúa de Galicia, iniciadas no día de hoxe e avisa de que a partir do mércores quedará pechado á circulación de tráfico rodado o tramo obxecto da actuación: é dicir, entre a praza da Concordia e a rotonda de Padín. Cabe lembrar que esta obra está adscrita ao Plan de Obras e Servizos (POS 2010), que foi adxudicada a Obras y Viales de Galicia (Oviga) por un prezo de 552.000 euros. O prazo de execución é de cinco meses. O proxecto inclúe a substitución da tubaxe de saneamento de auga, o cambio da rede aérea de alumeado por canalización enterrada e a colocación de novos colectores separativos de pluviais e fecais. Tamén se prevé no proxecto a substitución das redes aéreas de telefonía e electricidade por canalizacións enterradas. Polo que respecto á pavimentación, na rúa de Galicia, conservarase un carril de circulación de vehículos de 3,75 metros de ancho e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros de anchura. Tamén se instalará un sistema soterrado de almacenamento de residuos formado por catro contedores con capacidades mínimas de 1.100 litros. O mobiliario proxectado está formado por bancos e xardineiras de madeira tratada. Contémplase ademais a construción de alcorques cadrados cada 20 metros na banda de aparcamento en liña para diminuír o impacto visual dos vehículos estacionados.
Por outra parte, hoxe tamén comezaron as obras de desenvolvemento da primeira fase da recuperación de Fondevila. Esta adxudicación recaeu na empresa Oviga (Obras y Viales de Galicia, S.L.) por un importe final de 493.000 euros. A duración é de 155 días. O obxecto fundamental da obra reside en recuperar o tradicional barrio de Fondevila, un dos máis antigos da cidade. Esta primeira fase afectará ás rúas de Fondevila, Álvaro Cunqueiro e Carballeira, así como o camiño Álvaro Cunqueiro – Habana e o camiño a Cruxeiras. En todas estas vías substituirase o pavimento, empregando adoquín prefabricado de formigón de cores gris e vermello para diferenciar as zonas: o vermello servirá para delimitar a zona central de circulación de vehículos, cunha anchura de cinco metros onde sexa posible (xa que o trazado das rúas é irregular). Ademais renovaranse os servizos municipais alí onde sexa necesario. Así, nas rúas de Fondevila e de Carballeira e no Camiño Habana-Álvaro Cunqueiro vanse substituír as tubaxes de subministro de auga existentes por outras de polietileno de alta densidade. En estas tres vías disporase ademais de colectores de PVC liso para o saneamento de fecais e de colectores de PVC corrugado para pluviais. Polo que respecta ao camiño a Cruxeiras disporanse de dous colectores separados para o saneamento de fecais e pluviais. Por último, en toda a zona de actuación substituirase a rede aérea de alumeado público por canalización enterrada (co fin de acadar un menor impacto visual) e instalaranse novas liminarias.

Barrio de Fondevila

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario