Ténicos do Sepes visitaron hoxe o Concello para estudar a ubicación do novo polígono
Unha das zonas da Tomada, parque industrial esgotadoA Pobra do Caramiñal, 17 de xaneiro de 2011. Ténicos de Sepes, entidade estatal de solo empresarial que preside dende hoxe Beatriz Corredor, ex ministra socialista de Vivenda , desprazáronse hoxe ata A Pobra para iniciar o estudo de viabilidade para a ubicación dun novo polígono industrial. As conversacións para iniciar o novo polígono comezaron o pasado outubro, segundo fontes do Concello. As previsións son de adaptar a uso industrial 200.000 metros cadrados para construír "un polígono moderno, ben comunicado, con servizos e operativo". No polígono da Tomada actual quedaron finalmente 62 parcelas e case 150.000 metros cadrados, co que se ocupou todo o espazo dispoñible "para a nosa satisfacción, pois o motor de arranque dun pobo é a súa industria, por iso non podemos nin debemos durmirnos porque o noso pobo ten que gañar o futuro e ese futuro pasa por un novo polígono industrial", aclararon dende o equipo de goberno. Relacionadas:

Industria: o polígono entre Pobra e Ribeira, pendente da modificación dunha normativa
Industria: piden que se retome o polígono entre Pobra e Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario