Boiro, 28 de febreiro de 2011. A dirección e equipo docente no colexio Santa María do Castro de Cabo de Cruz, en colaboración coa Apa Loureda están ultimando os derradeiros detalles para celebrar o Antroido 2011, que nesta ocasión será temático, sobre a Idade Media.
A festa terá lugar o día 4 de marzo, no patio do centro, aínda que está previsto que si o tempo non permite levalo a cabo no exterior, emprazarase o pavillón deportivo sito ó carón do centro.
A temática elixida para este ano é a época medieval, e a novidade con respecto doutros anos é que haberá un mercado medieval onde os rapaces montarán diversos postos, nos cales, se poderán mercar productos elaborados e confecionados por eles mesmos. Ademais, teñen previsto levar a cabo durante o transcurso de toda a mañá ( de 10:00 a 13:15h), obradoiros (pan artesanal, cestería, coiro, etc.) nos cales poderán participar, de forma rotatoria, ademais dos cativos, todas aquelas persoas que asistan ó mercado.
Como xa é costume, a APA Loureda convidará, a media mañá, a tódolos presentes a un chocolate quente acompañado dos doces tradicionais do momento (filloas, orellas, melindres...) elaborados polos familiares dos nenos.
Música, xogos e moita diversión completarán o programa para a celebración do Antroido 2011.
Aberto ao público: pero só se vén disfrazado!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario