<div><div style="width:420px;text-align:left;">Open publication - Free publishing - More galiza</div></div>
Ribeira, 4 de febreiro de 2011. Unha publicación complicada de atopar (como tantas que se editan nos nosos concellos e logo quedan no esquecemento en estantes de bibliotecas) que volta á circulación grazas á Rede. Trátase de "As dornas no marisqueo e na pesca artesanal na Arousa Norte", un traballo etnográfico sobre esta embarcación que escribiu no seu día Santiago Páramo Aller, coñecido ribeirense e reflotador da Festa da Dorna, a máis multitudinaria na actualidade de toda Barbanza. Segundo conta o autor, "foi escrita no 1991: xa choveu...pero daquela a chuvia era alimento!". A publicación en realidade nunca estivo catalogada "porque se editou sen depósito legal. Foi cunha subvención destinada a facer un tríptico e xa vedes o que da de si facer as cousas por interese non económico. Logo ofrecéronme facer unha mellor edición por parte da Consellería de Pesca pero a min gústame así e habería que replantear algunhas cousas e a verdade nunca tiven moito tempo. Pode que dentro dun tempo faga outra pero non unha nova edición, senón unha vía distinta sobre o mesmo tema".
Santiago Páramo agradece a difusión que lle está a dar na Rede Arousa Norte (o usuario que a subiu a Issuu é NellRiveira) "aínda con todas as súas eivas e imprecisións. E sobre todo gustaríame destacar a colaboración de Carlos Iglesias, Antonio Millares, Fidalgo e Ramona e José Alborés pola dedicación prestada e o pouco recibido a cambio".
Foi o noso primeiro entrevistado, e aínda se pode ler a entrevista na vella web de Certo, aquí
Se queres baixar o libro, tes que ir aquí

Quen é Santiago Páramo?
Foi o noso primeiro entrevistado, e aínda se pode ler a entrevista na vella web de Certo, aquí
Se queres baixar o libro, tes que ir aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario